SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE REHABILITACIÓN E REFORMA DE MERCADOS MUNICIPAIS DE VENDA DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS. PRAZO: 06-03-2020

Data: 

mércores, 22 Xaneiro, 2020 (Todo o día) a venres, 6 Marzo, 2020 (Todo o día)

 

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 

Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento MR712A). BDNS (Identif.): 491562.

Obxecto

Apoio á execución de proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios.

Entidades beneficiarias

Todos os concellos de Galicia.

Proxectos subvencionables

1. Nos termos destas bases reguladoras, serán subvencionables as obras de rehabilitación e/ou reforma de mercados e prazas de abastos municipais.

2. Requisitos dos proxectos.

a) Que se desenvolvan no territorio de Galicia, con excepción das parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016). Na páxina web da Agader pode consultarse a relación de parroquias clasificadas como ZDP.

b) Que as actuacións propostas se executen en inmobles de titularidade municipal.

c) Que se axusten á normativa sectorial (autonómica, estatal e local) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

d) Que sexan viables técnica e financeiramente.

e) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os que se concede a axuda. Non se admitirán fases de proxectos.

f) Os investimentos propostos non poderán estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda. Verificarase o cumprimento deste requisito mediante a realización dunha acta de non inicio durante a fase de instrución do procedemento. Se o concello solicitante desexa iniciar a execución do proxecto antes da realización da citada comprobación, deberá achegar unha acta notarial que reflicta fidedignamente o non inicio da obra.

g) Non se admitirán proxectos cun orzamento base para a licitación inferior a 10.000 €.

3. As actuacións propostas deberán encadrarse nun único proxecto de obra, co contido que se determine no artigo 10.1.d) destas bases reguladoras.

Os concellos poderán presentar, como máximo, un proxecto ao abeiro destas bases reguladoras. O proxecto que se presente deberá comprender as obras de rehabilitación e/ou reforma nun mercado de venda de produtos agroalimentarios ou praza de abastos.

Intensidade da axuda

Os proxectos subvencionados recibirán unha porcentaxe de subvención do 80 % dos custos subvencionables, ata un máximo de 50.000 € de axuda.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será de corenta e cinco (45) días naturais, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Descargas: