SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA. PRAZO: 17-04-2023

Data: 

sábado, 18 Marzo, 2023 (Todo o día) a luns, 17 Abril, 2023 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Orde do 6 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PL400A). BDNS (Identif.): 680907.

Obxecto

O obxecto desta orde é aprobar as bases e convocar as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2023, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes (código de procedemento administrativo PL400A).

Entidades beneficiarias

1. As entidades locais de Galicia excluídas as deputacións provinciais.

2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán unha entidade representante única que actuará como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será o receptor da asignación económica.

3. Estes concellos ou agrupamento de concellos deberán ter unha poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

Contía

Importe total da convocatoria: 350.000 euros.

Modalidades de axuda

As modalidades que adoptan estas axudas son as que se relacionan a seguir:

a) Creación dun servizo lingüístico.

b) Mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico.

c) Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo lingüístico.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 6 de marzo de 2023 no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 680907): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.gal, epígrafe Convocatorias).

-Nos teléfonos 881 99 63 25/881 99 63 31/881 99 63 23 da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

-No enderezo electrónico: sxpl.subvencions@xunta.gal

-En calquera das dependencias da Secretaría Xeral de Política Lingüística (na rúa de San Roque, 2, en Santiago de Compostela ou nos gabinetes das xefaturas territoriais).

 

 

Descargas: