SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DA LECTURA E AS LETRAS ESPAÑOLAS. PRAZO: 21-06-2022

Data: 

mércores, 1 Xuño, 2022 (Todo o día) a martes, 21 Xuño, 2022 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da Orde do 25 de maio de 2022 pola que se convocan subvencións para a promoción da lectura e as letras españolas. BDNS (Identif.): 630093.

Finalidade

Actividades de fomento da lectura e as letras españolas entre o público xeral, entre a poboación infantil e xuvenil, accións que promovan a igualdade de oportunidades no acceso ao libro por grupos de poboación con dificultades, actividades literarias e seminarios, accións de promoción da lectura en zonas rurais e/ou despoboadas, entre outros.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas subvencións as seguintes entidades:

- Fundacións privadas, asociacións e organizacións non gobernamentais (institucións sen fins de lucro) non pertencentes ao sector público, legalmente constituídas e rexistradas no rexistro público correspondente, de nacionalidade española, de calquera Estado membro da Unión Europea ou dos Estados signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, con residencia fiscal en España

- Empresas privadas con residencia fiscal en España que teñan como actividade e obxecto social, único ou entre outros, a realización de actividades culturais

- Concellos

Todas as entidades mencionadas no punto 1 deberán acreditar realizar actividades de promoción da lectura e as letras españolas, como mínimo, nos dous últimos anos inmediatamente anteriores á data de publicación no BOE do extracto desta convocatoria.

Bases reguladoras 

Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións públicas do Ministerio de Cultura en réxime de concorrencia competitiva.

Importe

O importe das subvencións convocadas para institucións sen fins de lucro será, como máximo, de 1.258.000 euros; o correspondente a empresas privadas será, como máximo, de 1.000.000 euros e o destinado a entidades locais será, como máximo, de 1.400.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

Quince días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE.

Descargas: