Subvencións para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización. Prazo: 13-07-2026

Data: 

sábado, 13 Xuño, 2026 (Todo o día) a luns, 13 Xullo, 2026 (Todo o día)

 

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Orde do 27 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento IN201G).

BDNS (Identif.): 911570.

Obxecto

A promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización.

Persoas e entidades beneficiarias

Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o mesmo día en que presenten a solicitude de subvención.

2. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Primaranse aqueles concellos que coordinen as súas solicitudes e compartan ou mancomunen obras ou servizos, dando cumprimento así ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.

3. Asociacións profesionais e empresariais de persoas artesás de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 80 % dos obradoiros asociados, cun mínimo de 10, figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Importe

Para a concesión destas subvencións destínase un total de 265.000 € que serán imputados ao código de proxecto 2015 00276 e ás seguintes aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria Importe (€)
14.06.751A.470.11. Comercialización artesanía de Galicia. Obradoiros artesáns. 180.000 €
14.06.751A.460.11. Comercialización artesanía de Galicia. Corporacións locais. 50.000 €
14.06.751A.481.11. Comercialización artesanía de Galicia. Asociacións profesionais artesanais. 35.000 €

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/911570

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/911585

-Sobre este procedemento administrativo, que ten o código de procedemento IN201G, poderase obter información a través dos seguintes medios:

  • Na páxina web oficial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, na súa epígrafe de axudas ou https://artesaniadegalicia.xunta.gal
  • Na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal
  • No teléfono 881 99 91 78 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
  • Nos teléfonos 881 99 91 71 ou 881 99 91 75 da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
  • No enderezo electrónico centro.artesania@xunta.gal
  • Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

Descargas: