SUBVENCIÓNS PARA A ORDENACIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS LABORAIS DE TRABALLADORES/AS MIGRANTES PARA CAMPAÑAS AGRÍCOLAS DE TEMPADA. PRAZO: 29-04-2019

Data: 

mércores, 10 Abril, 2019 (Todo o día) a luns, 29 Abril, 2019 (Todo o día)

 

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

Extracto da Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Migracións, pola que se convocan subvencións públicas para a ordenación dos fluxos migratorios laborais de traballadores/ as migrantes para campañas agrícolas de tempada. BDNS (Identif.):447944.

Finalidade

A finalidade é a execución das seguintes actuacións:

a) Organización e coordinación das contratacións e os desprazamentos das persoas traballadoras de tempada agrícola.
b) Visita aos aloxamentos de temporeros/ as agrícolas e elaboración de informes sobre as condicións dos mesmos.
c) Asesoramento e información sociolaboral ás persoas traballadoras migrantes de campañas agrícolas de tempada en relación cos seus dereitos e deberes derivados da súa natureza laboral e condicionantes sociais.

Bases reguladoras

Orde ESS/1708/2012, do 20 de xullo, publicada no BOE do 1 de agosto de 2012, modificada pola Orde ESS/378/2018, do 22 de marzo.

Beneficiarios

As organizacións e agrupacións empresariais e cooperativas agrarias sen ánimo de lucro, as organizacións sindicais e as Entidades Locais, así como as entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro que realicen a actuación obxecto desta subvención.

Importe

Dotación total da convocatoria: 755.600 €. Contía adicional: 100.000 €.

A contía máxima para cada actuación será a seguinte:

a) Organización e coordinación das contratacións e os desprazamentos das persoas traballadoras de tempada: contía unitaria de 50 € de custo por temporero/a; contía máxima por solicitude, 90.000 €.
b) Visita aos aloxamentos e elaboración de informes sobre as condicións dos mesmos: contía unitaria de 300 € de custo por aloxamento; contía máxima por solicitude, 90.000 € se se realiza en máis dunha Comunidade Autónoma, e 20.000 € se comprende unha soa Comunidade Autónoma.
c) Asesoramento e información sociolaboral: contía unitaria de 20 euros de custo por temporero/a: contía máxima por solicitude, 90.000 €, se se realiza en máis dunha Comunidade Autónoma, e 20.000 €, se comprende unha soa Comunidade Autónoma.

Prazo de presentación de solicitudes

Vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE.

Descargas: