SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DA FORMACIÓN E DA ACTIVIDADE LABORAL DOS CONTRATOS PARA A FORMACIÓN E APRENDIZAXE REGULADOS POLO R.D. 1529/2012. PRAZO: 15-11-2015

Data: 

martes, 28 Abril, 2015 (Todo o día) a domingo, 15 Novembro, 2015 (Todo o día)

 

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 20 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2015 das subvencións para o financiamento da formación e da actividade laboral dos contratos para a formación e aprendizaxe regulados polo Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro.

Obxecto, finalidade e principios de xestión

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a convocatoria pública das subvencións para o financiamento da formación e da actividade laboral asociada aos contratos de formación e aprendizaxe regulados polo Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, que se realicen con mozos e mozas menores de 30 anos, a través dos seguintes programas:

a) Programa de incentivos á formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe (TR301Q).

b) Programa de incentivos á actividade laboral do contrato para a formación e a aprendizaxe (TR349G).

2. As solicitudes, tramitación e concesión das subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 11/2004, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015; no que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións, e o seu Regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e ao disposto nesta orde.

3. A xestión destes programas realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Traballo e Benestar.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

4. É obxecto desta orde, proceder á convocatoria para o ano 2015 dos seguintes programas:

– Programa de incentivos á formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe (TR301Q).

– Programa de incentivos á actividade laboral do contrato para a formación e a aprendizaxe (TR349G).

 Entidades beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.

2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, agás as entidades da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia para os programas establecidos nos capítulos II e III desta orde de convocatoria.

Orzamentos

1. A concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. Se é o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

2. No exercicio económico 2015, as axudas recollidas no capítulo II desta orde de convocatoria financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.03.323A.471.0 (700.000 euros para o ano 2015 e 300.000 euros para o ano 2016) e no programa 11.03.323A.460.1 código de proxecto 2013 00 545 (700.000 para o ano 2015 e 300.000 para o ano 2016), e as axudas recollidas no capitulo III desta orde de convocatoria financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.02.322C.471.0 código de proxecto 2015 00 560 cun crédito de 250.000 euros; 11.02.322C.460.4, código de proxecto 2015 00560 cun crédito de 400.000 euros.

Estas contías están recollidas na Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.

Estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego.

Poderá ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Prazo

O prazo para a presentación das solicitudes das axudas establecidas no capítulo II y III comezará o día seguinte ao da publicación da presente orde e rematará:

– Para as entidades da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia, o 15 de novembro de 2015.

– Para as empresas, o 30 de setembro de 2015.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon DOG Nº. 781.1 MB