Data:
Consellería de Sanidade
Orde do 13 de novembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA463G).
BDNS (Identif.): 869285.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de cofinanciamento e concorrencia competitiva, a concesión de subvencións a proxectos de prevención de condutas adictivas realizados por entidades locais galegas (código de procedemento SA463G).
Entidades beneficiarias
Concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia que pretendan desenvolver, individualmente ou agrupados, un proxecto de prevención de condutas adictivas e que reúnan os requisitos sinalados no artigo 4.
A asignación económica da subvención terá carácter individual para cada concello e mancomunidade, agás no caso das agrupacións de concellos, en que se asignará unha única subvención para realizar un proxecto común. Nestes casos, a entidade solicitante actuará como representante do proxecto e interlocutora ante a Consellería de Sanidade.
Ningunha entidade local poderá figurar nunha solicitude conxunta (agrupación ou mancomunidade) e subscribir outra individual. De darse o caso, prevalecerá a solicitude realizada de forma conxunta.
Contía
Para o financiamento destas axudas destínase un crédito de 2.588.866,90 euros e financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 1202.413A.460.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Este orzamento distribuirase en catro anualidades do seguinte xeito:
a) Ano 2025: 431.477,82 €.
b) Ano 2026: 862.955,63 €.
c) Ano 2027: 862.955,63 €.
d) Ano 2028: 431.477,82 €.
Clases e contías das subvencións
1. Clase 1. Proxectos que enmarquen a súa xestión preventiva en concellos individuais, agrupacións ou mancomunidades de concellos que abrangan unha poboación igual ou superior aos 70.001 habitantes.
Destínase a esta clase o 30 % do crédito sinalado no artigo 8.1 (776.660,07 €).
2. Clase 2. Proxectos que enmarquen a súa xestión preventiva en concellos individuais, agrupacións ou mancomunidades de concellos que abrangan unha poboación entre 10.001 e 70.000 habitantes.
Destínase a esta clase o 70 % do crédito sinalado no artigo 8.1 (1.812.206,83 €).
Contido dos proxectos
De acordo co establecido na carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas:
1. Serán programas básicos:
a) Ámbito escolar: «PPCDE/Saúde na escola» e «Non pasa nada ¿pasa algo?».
b) Ámbito familiar: «Máis que un teito», «En familia todos contan» e «Entre todos».
c) Ámbito xuvenil: «Activa».
2. Serán programas complementarios:
a) Os seguintes programas da carteira de servizos: «Ao alcance», «Cine e saúde», «Odisea», «Cambio de sentido», «Creative» (sempre que sexa desenvolvido con medios propios da entidade), «Acais», «Información-sensibilización» e «Formación de mediadores».
b) Calquera outro que a entidade solicitante considere oportuno desenvolver.
Poderanse presentar ata un máximo de 3 programas complementarios. Neste caso terán unha especial valoración os programas «Construíndo saúde», «EmPeCemos», e «Protego», así como aqueloutros que inclúan actividades relacionadas coa prevención do consumo de cánnabis, o xogo patolóxico e os problemas relacionados co uso da internet e das TIC.
Os programas da carteira de servizos «Alternativa», «Sísifo», «Itínere» e «Penélope» non serán valorados nesta convocatoria de axudas.
3. Todos os programas e as actividades que se planifiquen deberán prever necesariamente a perspectiva de xénero.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remate o último día do mes.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 869285) : https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/869285
-Na Dirección Xeral de Saúde Pública.
-Na Subdirección Xeral de Estilos de Vida Saudables, a través do Servizo de Prevención de Condutas Adictivas.

Sede Electrónica