Subvencións para a modernización e sustentabilidade das bibliotecas públicas municipais. Prazo: 25-09-2024

Data: 

xoves, 5 Setembro, 2024 (Todo o día) a mércores, 25 Setembro, 2024 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura

Extracto da Resolución do 26 de agosto de 2024, da Secretaría de Estado de Cultura, pola que se convocan subvencións para a modernización e sustentabilidade das bibliotecas públicas municipais.

BDNS (Identif.): 781452

Obxecto

Mediante a presente Orde convócanse subvencións cuxa finalidade é a modernización e sustentabilidade das bibliotecas públicas municipais.

A finalidade perseguida é desenvolver a infraestrutura bibliotecaria das Corporacións Locais mediante a concesión de axudas con destino a equipamento físico e tecnolóxico (incluíndo aqueles equipamentos que facilitan a accesibilidade de contidos a usuarios con distintas discapacidades) que permita a modernización dos servizos de lectura pública actuais.

Beneficiarios

Municipios cunha poboación non superior a 50.000 habitantes, que conten cun centro bibliotecario ou de lectura de titularidade municipal.

Os municipios que conten con máis dun centro bibliotecario ou de lectura de titularidade municipal, unicamente poderán solicitar axudas para unha das súas bibliotecas ou centros de lectura. Cada municipio poderá solicitar axudas para todas as modalidades que desexe sempre que todas as modalidades teñan por obxecto unha única biblioteca ou centro de lectura do municipio e que se realicen en solicitudes separadas.

Os Centros para os que se solicite subvención deben ter un horario mínimo de apertura semanal de 15 horas en municipios de ata 5.000 habitantes ou de 25 horas en municipios de máis de 5.000 habitantes. Así mesmo, deberán contar con persoal bibliotecario cualificado para levar a cabo a xestión e prestación dos servizos.

Bases reguladoras

Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva do Ministerio de Cultura.

Importe

O importe máximo imputable ás subvencións será de 280.000 €. As axudas concedidas sufragaranse con cargo aos créditos da aplicación 24.03.332B.761 do orzamento de gastos do Ministerio de Cultura e Deporte para o ano de 2024 en tres modalidades de axudas:

-Equipamento tecnolóxico (70.000 euros)

-Mobiliario e equipamento físico (90.000 euros)

-Sistema de climatización e eficiencia enerxética (120.000 euros)

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no «Boletín Oficial do Estado».

Más Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.:781452): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/781452

-Na Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura (Ministerio de Cultura).

Descargas: