SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.3, DA MEDIDA LEADER DO PDR DE GALICIA 2014-2020, PARA AS ANUALIDADES 2022 e 2023 (FEADER). PRAZO: 30-09-2022

Data: 

xoves, 1 Setembro, 2022 (Todo o día) a venres, 30 Setembro, 2022 (Todo o día)

 

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Resolución do 18 de agosto de 2022 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2022 e 2023, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR710A). BDNS (Identif.): 645482.

Obxecto e finalidade

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) e con cargo ás anualidades 2022 e 2023, as subvencións que se corresponden coa submedida 19.3 do PDR (cooperación no ámbito de Leader).

A finalidade das subvencións é fomentar a cooperación dos grupos de Galicia, tanto dentro da Comunidade Autónoma como no resto de España ou da Unión Europea ou nos territorios de terceiros países, que teñan intereses comúns nun determinado ámbito, sempre relacionado co desenvolvemento local Leader e con vistas a favorecer a aprendizaxe mutua e buscar solucións comúns a problemas concretos.

Beneficiarios

Os grupos de desenvolvemento rural (GDR) seleccionados polo Consello de Dirección da Agader, do 16 de novembro de 2016, ao abeiro do Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección, publicado mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2016, do director xeral da Agader (DOG núm. 42, do 2 de marzo).

Proxectos de cooperación obxecto de axuda

1. Os proxectos de cooperación poderán ser de tres tipos:

a) Proxectos de cooperación intraterritorial: proxectos en que participen exclusivamente grupos da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Proxectos de cooperación interterritorial: proxectos en que participen un ou varios grupos doutras comunidades autónomas do Reino de España e, como mínimo, un grupo da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Proxectos de cooperación transnacional: proxectos en que participen un ou varios grupos doutros Estados membros da Unión Europea ou doutros países e, como mínimo, un grupo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen prexuízo do establecido nas bases reguladoras, os proxectos de cooperación interterritorial e transnacional suxeitaranse á normativa e procedementos que, se for o caso, se estableza a nivel nacional e/ou comunitario.

Contía

A contía global da convocatoria é de 276.600,00 € para a anualidade 2022 e 645.400,00 € para a anualidade 2023. Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Feader.

Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Máis Información

a) Na páxina web da Agader: http://agader.xunta.es

b) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo: https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos

c) No teléfono 981 54 73 62 (Agader).

d) De xeito presencial, na Agader (lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 62.

e) Páxina web e sede dos GDR de Galicia. A relación dos GDR está publicada na antedita páxina web da Agader.

- Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 645482): http://www.minhap.gob.es/bsnstrans/index

 

Descargas: