SUBVENCIÓNS PARA A DIXITALIZACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA COA FINALIDADE DE PRESERVACIÓN E DIFUSIÓN A TRAVÉS DE GALICIANA-PATRIMONIO DIXITAL DE GALICIA. PRAZO: 09-04-2020

Data: 

martes, 10 Marzo, 2020 (Todo o día) a xoves, 9 Abril, 2020 (Todo o día)

 

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A). BDNS (Identif.): 498611.

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia. As subvencións tramitadas ao abeiro das bases reguladoras están cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

2. O ámbito de aplicación das subvencións tramitadas ao abeiro das bases reguladoras enmárcase na liña de actuación 57, Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo, do obxectivo específico 02.03.01, Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-saúde, recollido na prioridade de investimento 02.03, Reforzo das aplicacións das tecnoloxías da información e da comunicación para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica, do obxectivo temático 02, Mellorar o uso e calidade das TIC e o acceso a estas, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, actuación 2.3.1.7, Axudas para a posta en marcha do Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo, Dixitalización do patrimonio cultural.

Persoas beneficiarias

Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias, as entidades e organizacións, públicas ou privadas sen ánimo de lucro, que dispoñan de activos do patrimonio bibliográfico e documental de Galicia susceptibles de seren incorporados e difundidos a Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, en concreto:

a) Os órganos estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As entidades locais de Galicia (incluídas as agrupacións e asociacións de concellos, consorcios e mancomunidades) e entidades delas dependentes.

c) As universidades públicas galegas e o Consello Galego de Universidades.

d) As entidades privadas sen fins de lucro que dispoñan de activos do patrimonio bibliográfico e documental de Galicia susceptibles de seren incorporados e difundidos a Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.

e) As reais academias e as academias de Galicia, oficialmente establecidas e recoñecidas.

Contía da axuda

1. A intensidade da axuda será do 100 % do custo elixible do proxecto.

2. Os proxectos terán un orzamento total de investimentos subvencionables non inferior a 10.000 euros nin superior a 90.000 euros.

3. En todo caso, a contía máxima da subvención que se concede por persoa beneficiaria será de 90.000 euros.

Pagamento anticipado

As persoas beneficiarias recibirán un pagamento anticipado do 80 % do importe da subvención concedida de acordo co establecido no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia. Con relación a este anticipo e con data límite do 15 de novembro de 2020, as persoas beneficiarias deberán presentar o anexo V (xustificación do plan e comezo do proxecto) desta resolución. O pagamento do importe restante (20 %) realizarase unha vez xustificado o cumprimento da finalidade da subvención.

O importe do anticipo non poderá exceder a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte a aquel en que publique a presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: