SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN E/OU MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS, DOTACIÓNS, INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS VINCULADOS Á PRESTACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS. PRAZO: 20-02-2023

Data: 

venres, 20 Xaneiro, 2023 (Todo o día) a luns, 20 Febreiro, 2023 (Todo o día)

 

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2023, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (código de procedemento PR486A). BDNS (Identif.): 671048.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións de concellos, para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, que se indican a seguir:

a) Obras de instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública.

b) Obras de pavimentación de camiños públicos municipais.

c) Obras de construción, mellora e ampliación de parques infantís, cubrición de parques infantís ou construción de novos parques infantís cubertos.

d) Obras de construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais, obras de adaptación para garantir que resulten accesibles e/ou dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias.

Beneficiarios

Os concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Que teñan menos de 30.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.

b) Ter remitido a conta xeral do concello, correspondente ao exercicio orzamentario de 2021, ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito por un importe total de tres millóns cincocentos mil euros (3.500.000,00 €).

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 671048): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Dirección Xeral de Administración Local.

Descargas: