SUBVENCIÓNS PARA A CONSTRUCIÓN, REFORMA, REPARACIÓN, ADECUACIÓN OU MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL E PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE. PRAZO: 27-04-2023

Data: 

martes, 28 Marzo, 2023 (Todo o día) a xoves, 27 Abril, 2023 (Todo o día)

 

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes 

Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401C). BDNS (Identif.): 683623.

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, de carácter plurianual para os anos 2023 e 2024, e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas aos concellos de Galicia para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal, así como para a adquisición de material deportivo inventariable (código de procedemento DE401C).

Quedan excluídas as actuacións de mellora da eficiencia enerxética nas instalacións deportivas.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios destas subvencións os concellos de Galicia que, con carácter previo á resolución de concesión da axuda, teñan as súas instalacións deportivas inscritas no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.

Importe

Para conceder estas subvencións destinaranse 5.822.500 € con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.441A.760.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Na anualidade 2023 destinaranse 3.425.000 € e na anualidade 2024 destinaranse 2.397.500 €.

Prazo para presentar as solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 683623): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Secretaría Xeral para o Deporte.

-Na Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

Descargas: