Data:
Consellería de Política Social e Xuventude
Orde do 19 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS631G). BDNS (Identif.): 705109.
Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, para o ano 2023, axudas económicas destinadas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición no ano 2023 de vehículos de emisión cero, tipo eco ou etiqueta C verde, de ser o caso, adaptados a persoas con mobilidade reducida, que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou persoas con discapacidade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU de conformidade co Regulamento (UE) nº 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.
2. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos artigos 29 e seguintes do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.
3. Terá o código BS631G para os efectos de identificación na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e o acceso aos formularios de inicio específicos, de uso obrigatorio.
4. Estas axudas contribúen á consecución dos obxectivos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no marco do compoñente 22, liña de investimento 1 e co proxecto número 4 denominado Modernización da flota de vehículos dos centros de titularidade de entidades de iniciativa social. Comunidade Autónoma de Galicia, para a adquisición no ano 2023 de vehículos de emisión cero, tipo eco ou etiqueta C verde, de ser o caso adaptados a persoas con mobilidade reducida, que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU de conformidade co Regulamento (UE) nº 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas os concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia que conten cun censo máximo de 10.000 habitantes, segundo o último informe publicado polo Instituto Galego de Estatística na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias aquelas entidades que incorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Os concellos e mancomunidades beneficiarios deberán observar o disposto na normativa aplicable en materia de contratación pública vixente na tramitación do procedemento de contratación para a adquisición dos vehículos subvencionables.
Financiamento e contía da subvención
As actuacións subvencionables serán financiadas integramente pola Unión Europea a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia mediante o instrumento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, aprobado polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente 22 de economía dos coidados e reforzo das políticas de igualdade e inclusión social, liña de investimento I1.
Para o financiamento desta convocatoria destínase, con cargo á anualidade 2023, crédito por importe total dun millón de euros (1.000.000,00 €) consignado na aplicación orzamentaria 13.04.312E.760.2 (proxecto 2022 00189).
Será subvencionable, como máximo, un vehículo por entidade beneficiaria.
O importe da axuda poderá ser de ata o 100 % do custo do vehículo, cun límite máximo de 40.000,00 €.
Actuacións subvencionables
1. Con cargo a esta orde subvencionarase a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, que reúnan as seguintes condicións:
a) Os vehículos deberán estar clasificados de emisións cero, de tipo eco ou etiqueta C verde pola Dirección Xeral de Tráfico, de acordo co disposto na Orde PCI/810/2018, do 27 de xullo, pola que se modifican os anexos II, XI e XVIII do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro.
b) Os vehículos deben estar adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida, de ser o caso. Para estes efectos, os vehículos deberán reunir as condicións previstas no Real decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan os requisitos básicos de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade.
c) A adquisición dos vehículos deberán realizarse dentro do período subvencionable, que será o comprendido entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 5 de decembro de 2023, ambos os dous incluídos.
2. Só se considera subvencionable a adquisición de vehículos novos.
3. Non serán subvencionables os gastos derivados de ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, excepto o imposto sobre o valor engadido non recuperable.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. Os sábados e festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 705109): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index
-Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social e Xuventude, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da consellería (https://politicasocial.xunta.gal/es) e na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos
b) O teléfono 981 54 67 37 da devandita dirección xeral.
c) O enderezo electrónico: autonomiapersoal.sxps@xunta.gal