SUBVENCIÓNS ÁS OFICINAS LOCAIS DA REDE EUSUMO PARA O FOMENTO DO COOPERATIVISMO E DA ECONOMÍA SOCIAL. PRAZO: 24-03-2016

Data: 

xoves, 25 Febreiro, 2016 (Todo o día) a xoves, 24 Marzo, 2016 (Todo o día)

 

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 11 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social, e se convocan para o ano 2016.

Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para realizar actividades de impulso e fomento do cooperativismo e da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:

Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Programa II. Oficinas locais de fomento cooperativo.

Programa III. Apoio ás entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades no marco da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Entidades beneficiarias

1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda:

a) As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.

b) Os concellos de Galicia, a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade de municipios, dun consorcio local, ou dunha agrupación dun mínimo de catro concellos que pertenzan a unha mesma zona, nos termos e para as actuacións previstas no programa II.

c) As fundacións e asociacións, as cámaras de comercio, as organizacións profesionais, empresariais e sindicais e outras entidades sen ánimo de lucro, sinaladas nas letras d), f) e g) do número 1 do artigo 5 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e se regula o seu funcionamento, que teñan formalizada a súa adhesión á esta rede por medio de convenio de colaboración, asinado con anterioridade á publicación desta orde, para as actuacións e nos termos previstos no programa III.

2. Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) As asociacións de cooperativas, de sociedades laborais, as fundacións e asociacións, as organizacións profesionais, empresariais e sindicais, así como outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar legalmente constituídas e inscritas nos rexistros competentes e cumprir os requisitos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

Financiamento

1. A concesión das axudas previstas nos programas desta orde estarán suxeitas á existencia de crédito orzamentario e realizarase con cargo ás seguintes aplicacións da Secretaría Xeral de Emprego: 09.40.324C.481.1 para o programa I, 09.40.324C.460.0 para o programa II e 09.40.324C.481.2 para o programa III.

2. A distribución inicial de créditos fixarase para cada un dos programas recollidos no artigo 1 en cada convocatoria de axudas.

3. Os programas poderán ser atendidos con fondos propios libres e con fondos finalistas cando se trate de accións elixibles de acordo co Plan anual de política de emprego (PAPE).

4. De producirse remanentes de crédito nalgún dos devanditos programas procederase á reasignación das contías sobrantes entre os restantes.

5. Estes importes poderán verse modificados ou incrementados con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia ou da Administración do Estado como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais, todo iso de acordo co artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo

O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: