SUBVENCIÓNS Á MODERNIZACIÓN E XESTIÓN SUSTENTABLE DAS INFRAESTRUTURAS DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS (Fondos NextGenerationEU). NOVO PRAZO: 27-12-2022

Data: 

sábado, 5 Novembro, 2022 (Todo o día) a luns, 5 Decembro, 2022 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais 

Resolución do 20 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404E). BDNS (Identif.): 656222.

Finalidade

1. Estas axudas están destinadas a cubrir o investimento dedicado á transición verde e transformación dos espazos escénicos e musicais que impulsen un crecemento intelixente e sustentable da súa xestión.

2. As accións elixibles que se financiarán a través deste liña de axudas son as seguintes:

a) Modernización de sistemas dixitais de audio e comunicacións en rede.

b) Modernización dos sistemas de iluminación dixital.

c) Modernización dos sistemas de vídeo dixital.

d) Modernización dos sistemas de xestión dixital de maquinaria escénica.

e) Modernización das ferramentas e sistemas dixitais de xestión artística e de produción de espectáculos nos recintos escénicos e musicais.

f) Modernización e rehabilitación de edificios para a súa adaptación ao cambio climático.

Persoas beneficiarias

Establécense dúas categorías de entidades beneficiarias desta convocatoria:

Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas titulares, arrendatarias ou posuidoras de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e/ou musicais abertos ao público, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Categoría 2. As entidades públicas que integran a Administración local, de conformidade co disposto no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e os seus organismos dependentes titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e musicais abertos ao público situados en Galicia, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Importe

As axudas relativas ao obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 880.046,81 euros, dos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais de 2023, código de proxecto 2021 00003, distribuído:

600.000 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.760.1.

280.046,81 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.1.

Ampliación do Prazo de presentación de solicitudes (DOG Nº. 230, public. 02/12/2022)

Modificar o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 20 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) nº 2021/241, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404E), ampliándoo a quince (15) días hábiles máis desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 656222): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Axencia Galega das Industrias Culturais: http://agadic.gal

Descargas: