SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DO SECTOR AUDIOVISUAL CELEBRADOS EN GALICIA. PRAZO: 11-03-2021

Data: 

venres, 12 Febreiro, 2021 (Todo o día) a xoves, 11 Marzo, 2021 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais 

Resolución do 15 de xaneiro do 2021 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT215B). BDNS (Identif.): 547887.

Finalidade

O apoio á realización de festivais de cinema de carácter profesional celebrados en Galicia, que polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e proceder á súa convocatoria para o ano 2021.

Persoas beneficiarias

1. Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas privadas domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas, que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei de subvencións de Galicia.

2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

Requisitos dos festivais para optar as axudas

1. Para optar a estas axudas, os festivais terán que reunir os seguintes requisitos:

a) Celebrarse nas datas comprendidas entre o 1 de decembro de 2020 ata o 31 de outubro de 2021. No dito cómputo enténdense incluídos tanto o 1 de decembro do ano da publicación da convocatoria, así como o 31 de outubro do seguinte.

Enténdense incluídos os festivais iniciados ata o día 31 de outubro do ano 2021 e que se desenvolvan a maioría das actividades neste período, entendendo por maioría que superen o cincuenta por cen das mesmas.

b) Ter unha duración mínima de 4 xornadas e realizar un mínimo de 20 proxeccións.

c) Ter realizado un mínimo de tres edicións consecutivas inmediatamente anteriores ao ano da convocatoria respectiva.

d) Que a programación proposta para a edición obxecto de axuda conteña un mínimo dun 5 % de títulos ou 5 sesións de produción cinematográfica galega e/ou dirección galega.

e) Que acaden unha puntuación mínima na fase de valoración de 40 puntos resultando excluídos de subvención os que no acaden a dita puntuación.

f) As actividades que se van desenvolver obxecto desta subvención non poden estar subcontratadas nin total nin parcialmente, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Procedemento, créditos, contías e límites

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. O expediente tramítase como anticipado de gasto e no ano 2020 poderase chegar como máximo ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso de gasto. Todos os actos ditados no expediente da gasto regulado por esta resolución entenderanse condicionados a que, unha vez aprobado o orzamento, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento no que se produciran aqueles.

3. Para a concesión destas subvencións destinase un crédito global de 200.000 euros, código de proxecto 2015-0003 repartido nas aplicacións orzamentarias seguintes:

10.A1.432B.460.0: 20.000 euros (entidades locais).

10.A1.432B.470.0: 20.000 euros (empresas).

10.A1.432B.481.0: 160.000 euros (asociacións).

Ao estar distribuída a contía total máxima anual das subvencións convocadas entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria, tal e como se recolle no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A contía das subvencións determinarase en función das dispoñibilidades orzamentarias, o custo do proxecto e a puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración.

5. A porcentaxe máxima de concesión de subvención a través da correspondente convocatoria a un festival, non poderá exceder o 40 % do seu orzamento subvencionable, cando o solicitante sexa unha entidade local e o 60 % cando o solicitante sexa unha entidade privada. Para as solicitudes conxuntas de entidades locais, ou solicitudes de entidades resultantes de fusión, a porcentaxe poderá alcanzar ata un máximo do 75 % do orzamento subvencionable.

En todo caso a contía máxima que poderá solicitar é de 40.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: