Subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social 2024-2025. Prazo: 26-02-2024

Data: 

xoves, 25 Xaneiro, 2024 (Todo o día) a luns, 26 Febreiro, 2024 (Todo o día)

 

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2024 e 2025 (código de procedemento TR811A).

BDNS (Identif.): 729695.

Obxecto e finalidade

Realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social.

Entidades beneficiarias

– As asociacións de entidades de economía social.

– Os concellos de Galicia e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.

– As cámaras de comercio.

– As universidades.

– As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.

As entidades beneficiarias deben ter formalizada a súa adhesión á Rede Eusumo mediante a subscrición de convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, nos termos previstos no artigo 13 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e se regula o seu funcionamento, con anterioridade á publicación da orde de convocatoria.

Contía

O orzamento total ascende a seiscentos noventa mil euros (690.000,00 €), distribuído en dúas anualidades: anualidade 2024, 265.000,00 €; anualidade 2025, 425.000,00 €.

Unha vez acreditada a aceptación da subvención e logo de solicitude, poderase facer efectivo en concepto de pagamento anticipado ata un 80 % do importe da subvención.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 729695): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Descargas: