SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES COLABORADORAS DA REDE EUSUMO PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E IMPULSO DO COOPERATIVISMO E A ECONOMÍA SOCIAL. PRAZO. 22-02-2020

Data: 

xoves, 23 Xaneiro, 2020 (Todo o día) a sábado, 22 Febreiro, 2020 (Todo o día)

 

Consellería de Economía, Emprego e Industria 

Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TR811A). BDNS (Identif.): 492430.

Obxecto 

Realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

Entidades beneficiarias

– As asociacións de entidades de economía social.

– Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.

– As cámaras de comercio.

– As universidades.

– As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.

As entidades beneficiarias deben ter formalizada a súa adhesión á Rede Eusumo mediante a subscrición de convenio de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, nos termos previstos no artigo 13 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social e se regula o seu funcionamento, con anterioridade á publicación da orde de convocatoria.

Actividades subvencionables

Son subvencionables as actividades de carácter informativo, divulgativo, formativo e de asesoramento dirixidas a fomentar o emprendemento cooperativo e a economía social. A título orientativo as actividades poderán consistir en:

a) Organización de actividades formativas, tales como cursos e obradoiros, que teñan por obxecto dar a coñecer os principios e características propias da economía social ou dalgunha das tipoloxías de entidades que a conforman, mellorar o funcionamento das entidades e propiciar a súa consolidación e crecemento, así como formar o persoal responsable de titorías, especializado no asesoramento e acompañamento de proxectos.

b) Organización de actividades de difusión como xornadas, conferencias, simposios, charlas ou visitas formativas.

c) Celebración de feiras, mostras e congresos.

d) Celebración de encontros entre entidades de economía social, ou entre estas e outros actores económicos, dirixidas á mellora da xestión, os intercambios comerciais, a intercooperación para a posta en marcha de actividades, a obtención de financiamento e outras que contribúan de xeito directo á consolidación dos proxectos de economía social.

e) Actividades de asesoramento e acompañamento a grupos promotores ou a entidades de economía social preexistentes, para a posta en marcha de novos proxectos ou consolidación do negocio, realizadas de conformidade co «Itinerario do emprendemento en economía social» dispoñible no enlace http://eusumo.gal/asesoramento.

f) Elaboración, publicación e difusión de estudos, informes, traballos de investigación así como manuais, guías, unidades didácticas ou similares, sempre que sexan inéditos.

g) Elaboración de proxectos de intercooperación e integración.

h) Elaboración de plans estratéxicos de carácter plurianual para o desenvolvemento da economía social.

i) Calquera outra acción promocional que fomente o cooperativismo e a economía social.

Contía

O orzamento total ascende a seiscentos trinta e tres mil novecentos euros (633.900,00 €), distribuído en dúas anualidades: anualidade 2020, 225.990,00 €; anualidade 2021, 407.910,00 €.

Unha vez acreditada a aceptación da subvención e logo de solicitude, poderase facer efectivo en concepto de pagamento anticipado ata un 80 % do importe da subvención.

Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.

Descargas: