Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para rehabilitar edificacións e vivendas públicas de titularidade municipal. Prazo: do 23-01-2026 (9:00 h.) ao 03-07-2026 (14:00 h.)

Data: 

venres, 23 Xaneiro, 2026 (Todo o día) a venres, 3 Xullo, 2026 (Todo o día)

 

Instituto Galego da Vivenda e Solo

Resolución do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas públicas de titularidade municipal e se procede a súa convocatoria, para o ano 2026, con carácter plurianual, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento VI422F).

BDNS (Identif.): 881105.

Obxecto das axudas

Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 30.000 habitantes para que poidan rehabilitar edificacións e vivendas da súa titularidade.

Concellos beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia que cumpran cos seguintes requisitos:

a) Contar con menos de 30.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes, publicadas polo Instituto Galego de Estatística á data de publicación da correspondente convocatoria.

b) Ter cumprido co deber de remitir ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da correspondente convocatoria, no que o seu prazo de presentación estivera vencido.

2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Crédito orzamentario

1. As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 11.81.451A.760.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, por importe de 692.477,00 euros para a anualidade 2026 e por importe de 1.470.000,00 euros para a anualidade 2027.

2. De conformidade co establecido na Orde do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, o outorgamento destas subvencións queda supeditado á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas da súa concesión.

3 A contía establecida nesta convocatoria poderá ser obxecto de ampliación por resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que terá efecto logo da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Actuacións subvencionables

1. Consideraranse subvencionables ao abeiro deste programa a execución de obras de rehabilitación e/ou ampliación de edificacións e vivendas de titularidade municipal, así como as dirixidas ao cambio de uso de edificacións para o seu destino a vivenda.

Dentro das actuacións de rehabilitación, enténdense incluídas as de accesibilidade, conservación, habitabilidade, sustentabilidade e eficiencia enerxética das vivendas, así como as actuacións para a medición e a execución de obras que eviten a entrada do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

2. As actuacións subvencionables incluirán, para os efectos de determinación do custo total das obras, as seguintes actuacións preparatorias: os honorarios dos profesionais que interveñan; os informes técnicos e certificados necesarios; os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Tamén serán subvencionables os gastos xerais de estrutura que inciden sobre o contrato, de conformidade co artigo 131 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas: gastos xerais e beneficio industrial. No custo total das obras incluiranse os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

Non obstante o anterior, non se aboarán as facturas correspondentes as obras executadas con anterioridade ao ano natural en que se publique a resolución de convocatoria, con excepción das facturas correspondentes a actuacións preparatorias, as referidas a amoreamentos de material previos e a pagamentos anticipados.

Prazo de presentación de solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse unha vez transcorridos cinco días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. No suposto de que o primeiro día do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o primeiro día hábil seguinte.

2. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 3 de xullo de 2026 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario previsto nesta convocatoria. O dito esgotamento será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS. Non obstante, o prazo de presentación de solicitudes poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no DOG.

3. As solicitudes poderán presentarse dende as 9.00 horas do primeiro día de inicio do prazo ata ás 14.00 horas do 3 de xullo de 2026.

4. As solicitudes presentadas fora do prazo e do horario indicado serán inadmitidas.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 881105): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/881105

-Na Dirección Xeral do IGVS.

-Na Área Provincial do IGVS onde estea situado a edificación ou a vivenda no que se realicen as actuacións.

Descargas: