Data:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Resolución do 26 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (código de procedemento AP400C).
BDNS (Identif.): 778881.
Obxecto
1. Aprobación das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios (Programa UNICO-Edificios) previstas no Real decreto 990/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275 do 17 de novembro).
2. Convocar as citadas subvencións para o período 2024.
As subvencións reguladas nestas bases enmárcanse no investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Beneficiarias
As comunidades de propietarios, dun edificio ou conxunto de edificacións, suxeitos ao réxime de propiedade horizontal, que precisen adaptar as súas instalacións de telecomunicacións no interior do edificio ou conxunto de edificacións. Igualmente, poderán solicitar e, de ser o caso, obter a condición de destinatarios últimos das axudas as corporacións locais que precisen adaptar as instalacións de telecomunicacións no interior de edificios ou conxunto de edificacións da súa propiedade cando se trate de edificios ou edificacións que se localicen no seu respectivo ámbito territorial. O ámbito de actuación axustarase aos edificios ou conxuntos de edificacións que non dispoñan dunha infraestrutura común de telecomunicacións (ICT) instalada ao abeiro do Real decreto lei 1/1998, sobre infraestruturas comúns nos edificios para o acceso aos servizos de telecomunicación, é dicir, edificacións cuxa construción xa estaba en fase avanzada ou concluída antes da entrada en vigor do primeiro regulamento técnico aprobado polo Real decreto 279/1999, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento regulador das infraestruturas comúns de telecomunicacións para o acceso aos servizos de telecomunicación no interior dos edificios e da actividade de instalación de equipamentos e sistemas de telecomunicacións (edificios concluídos antes do 1 de xaneiro de 2000).
Importe
Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 4.102.438,12€ que se financiarán con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.
Tipo de solicitante | Aplicación | Anualidade 2024 |
Comunidades de propietarios | 07.A1.571A.781.0 | 2.051.219,06 € |
Corporacións locais | 07.A1.571A.760.0 | 2.051.219,06 € |
Este orzamento execútase dentro do código de proxecto 2022 00009 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Este crédito financiarase con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
A intensidade máxima destas subvencións será do cen por cento (100 %) do custo elixible do proxecto.
Tipos de proxectos obxecto de axuda
1. Os proxectos presentados deberán dar cumprimento ao especificado no artigo 4 das bases reguladoras. En concreto, as subvencións destinaranse a cubrir investimentos e gastos directamente relacionados para desenvolver as seguintes actuacións:
a) Liña de actuación 1: infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida (instalación completa), tal e como se describen no artigo 4.1.a) das bases reguladoras.
b) Liña de actuación 2: infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida (instalación parcial), tal e como se describen no artigo 4.1.b) das bases reguladoras.
c) Liña de actuación 3: infraestrutura de telecomunicacións adaptada, exclusivamente, para banda larga ultrarrápida, tal e como se describen no artigo 4.1.c) das bases reguladoras.
2. O ámbito material das actuacións recollidas nos proxectos deberá axustarse ás edificacións elixibles establecidas no artigo 3 das bases reguladoras.
3. Só se poderá solicitar unha subvención a unha liña de actuación por cada solicitante. No caso de recibirse máis dunha solicitude, só se terá en consideración a primeira solicitude recibida.
4. O importe máximo de subvención por proxecto estará limitado pola intensidade máxima de subvención establecida no artigo 4, e así mesmo establécese un importe máximo de subvención por liña de actuación e número de unidades inmobiliarias beneficiadas (entendidas tal e como se recollen no Real decreto 990/2021, do 16 de novembro):
a) Liña de actuación 1: importe máximo de subvención de 680,00 € por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 23.800,00 €.
b) Liña de actuación 2: importe máximo de subvención de 600,00 € por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 21.000,00 €.
c) Liña de actuación 3: importe máximo de subvención de 485,00 € por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 16.975,00 €.
Prazo de presentación de solicitudes - Modificación prazo de solicitude (DOG Nº. 176, 12 setembro 2024):
O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e durará ata o 16 de setembro de 2024, inclusive.
O artigo 6.1 da convocatoria queda redactado como segue:
«1. O prazo para a presentación das solicitudes de subvención iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e durará ata o 4 de outubro de 2024, incluído. Este prazo poderá ser ampliado no caso da existencia de crédito dispoñible, ou ben no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo».
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 778881): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
-Sobre este procedemento administrativo, que ten o código AP400C, poderá obterse documentación normalizada ou información adicional na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a través das seguintes canles:
1. Páxina web: http://amtega.xunta.gal/
2. O teléfono: 981 54 55 35.
3. O enderezo electrónico: amtega@xunta.gal