Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de auditorías das redes de saneamento para a detección de infiltracións. Prazo: do 06-03-2026 (9:00 h) ao 07-09-2026 (14:00 h).

Data: 

venres, 6 Marzo, 2026 (Todo o día) a luns, 7 Setembro, 2026 (Todo o día)

 

Augas de Galicia

Resolución do 10 de febreiro de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos e ás entidades locais menores, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de auditorías das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento AU301D).

BDNS (Identif.): 888952.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos e ás entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de auditorías das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e convocar estas subvencións para o ano 2026 (código de procedemento AU301D).

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias os concellos e as entidades locais menores responsables de sistemas de saneamento, que teñan unha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes.

Importe

As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de cincocentos mil euros (500.000,00 €), aplicación orzamentaria 06.82.542B.760.0.

O importe das subvencións será do 100 % do investimento subvencionable, co límite máximo de quince mil euros (15.000,00 €) por solicitude, incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), ata esgotar o crédito previsto na presente resolución de convocatoria.

Actuacións subvencionables

1. Serán subvencionables os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2026 destinados á elaboración de auditorías das redes de saneamento para a detección de infiltracións que teñan o contido mínimo previsto no artigo 5 da presente resolución de convocatoria.

2. Será subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) só no caso de que non sexa recuperable pola entidade beneficiaria, de acordo co disposto na Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido. Para tal efecto, o concello ou a entidade local menor deberán declarar expresamente se o imposto sobre o valor engadido (IVE) dos gastos subvencionables é ou non recuperable polo concello ou entidade local menor solicitante.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 6 de marzo de 2026 e rematará ás 14.00 horas do día 7 de setembro de 2026.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 888952): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/888952

-Na Dirección de Augas de Galicia.

 

Descargas: