SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS MUNICIPAIS DE ABASTECEMENTO ENCAMIÑADAS Á ELABORACIÓN DE PLANS DE ACTUACIÓNS PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA. PRAZO: 08-08-2022

Data: 

sábado, 9 Xullo, 2022 (Todo o día) a luns, 8 Agosto, 2022 (Todo o día)

 

Augas de Galicia

Resolución do 23 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento AU301C). BDNS (Identif.): 636449.

Obxecto

Bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, para a realización de auditorías municipais de abastecemento para minimizar as perdas de auga, e convocatoria destas subvencións para o ano 2022 (código de procedemento AU301C).

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións os concellos responsables de sistemas de abastecemento á poboación cunha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes, segundo cifras de poboación acordes co establecido no Real decreto 1065/2021, do 30 de novembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2021.

Importe

As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de trescentos mil euros (300.000,00 €).

O importe das subvencións será do 80 % do gasto subvencionable, ata esgotar o crédito e cos límites máximos por solicitude que se indican a seguir:

a) Dez mil euros (10.000,00 €) en concellos de entre 10.001 e 50.000 habitantes.

b) Oito mil euros (8.000,00 €) en concellos de entre 5.001 e 10.000 habitantes.

c) Sete mil cincocentos euros (7.500,00 €) en concellos de entre 2.001 e 5.000 habitantes.

d) Seis mil euros (6.000,00 €) en concellos de 2.000 habitantes ou menos.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 636449): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

Na Secretaría Xeral de Augas de Galicia.

Na Dirección de Augas de Galicia.

Descargas: