Subvencións destinadas á creación, reforma ou dotación de equipamento ou infraestruturas de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia. Prazo: 26-02-2024

Data: 

sábado, 27 Xaneiro, 2024 (Todo o día) a luns, 26 Febreiro, 2024 (Todo o día)

 

Consellería de Economía, Industria e Innovación 

Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación, reforma ou dotación de equipamento ou infraestruturas de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento administrativo IN541A).

BDNS (Identif.): 738133.

Obxecto

Construción, reforma e/ou equipamento interior de naves industriais, co fin de crear un viveiro industrial de empresas e/ou reformar e dotar de equipamento ou infraestruturas os existentes.

Beneficiarios

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Liñas subvencionables

Prevense dous tipos de actuacións subvencionables, que se clasificarán nas seguintes liñas:

a) Liña A, correspondente ás axudas para a creación de novos viveiros industriais.

b) Liña B, correspondente ás axudas para mellora dos viveiros industriais existentes.

Contía

Anualidade 2024: 150.000,00 €.

Anualidade 2025: 1.350.000,00 €.

Importe total da convocatoria: 1.500.000,00 €.

Intensidade das axudas: 80 % do importe total considerado como subvencionable, cun máximo de 240.000,00 € por solicitude (só se poderá presentar unha solicitude por concello para a liña A e outra por concello para a liña B).

A axuda máxima por solicitude nos proxectos da liña A será de 240.000,00 euros. A axuda máxima por solicitude nos proxectos da liña B será de 75.000 euros.

Poderase anticipar ata o 25 % do importe da subvención concedida, sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 4 de xaneiro de 2024 no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 738133): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN541A, poderase obter información adicional na Secretaría Xeral de Industria, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería (http://ceei.xunta.gal).

b) Nos teléfonos 981 54 55 72 e 981 95 71 86 de servizos centrais.

c) Presencialmente.

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia, que é o 012 (desde o resto do Estado: 981 90 06 43).

Descargas: