Subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais. Prazo: 30-04-2024

Data: 

xoves, 1 Febreiro, 2024 (Todo o día) a martes, 30 Abril, 2024 (Todo o día)

 

Consellería de Economía, Industria e Innovación

Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN519D).

BDNS (Identif.): 738137.

Obxecto

Reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais existentes ou en desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Liñas subvencionables

Prevense dous tipos de actuacións subvencionables, que se clasificarán nas seguintes liñas:

a) Liña A. Proxectos que obtiveron axuda na convocatoria 2022-2023, cuxos solicitantes presentaron unha renuncia á axuda por falta de tempo para obter as autorizacións e executar os proxectos.

b) Liña B. Resto de proxectos.

Contía

Anualidade 2024: 472.877,05 €.

Anualidade 2025: 1.182.192,63 €.

Anualidade 2026: 3.073.700,83 €

Importe total da convocatoria: 4.728.770,50 €.

Intensidade das axudas: 80 % do importe total considerado como subvencionable, cun máximo de 1.000.000,00 € por solicitude.

Poderase anticipar ata o 50 % do importe da subvención concedida, sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

Prazo de presentación de solicitudes

Tres meses contados desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 4 de xaneiro de 2024 no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 738137): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN519D, poderase obter información adicional na Secretaría Xeral de Industria, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería (https://economia.xunta.gal/portada).

b) Nos teléfonos 981 54 55 87 e 981 54 55 72 de servizos centrais.

 

Descargas: