SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO FINANCIAMENTO DE PLANS DE FORMACIÓN DAS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA. PRAZO: 19-06-2020

Data: 

mércores, 20 Maio, 2020 (Todo o día) a venres, 19 Xuño, 2020 (Todo o día)

 

Escola Galega de Administración Pública

Resolución do 8 de maio de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2020, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (código de procedemento PR780A). BDNS: 505746.

Obxecto

A concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación para o emprego promovidos polas entidades locais de Galicia no marco do AFEDAP (código de procedemento administrativo PR780A).

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias da liña en réxime de concorrencia competitiva das subvencións convocadas os concellos, as deputacións provinciais e demais entidades locais recoñecidas no artigo 2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, que promovan plans de formación para o persoal empregado público, de carácter unitario ou agrupado, dentro do ámbito do AFEDAP.

De conformidade co establecido no artigo 6, segundo parágrafo do AFEDAP, só poderá ser beneficiaria da liña en réxime de concorrencia non competitiva das subvencións convocadas a Federación Galega de Municipios e Provincias.

Actividades obxecto de financiamento

As entidades promotoras recollidas na base quinta desta resolución poderán solicitar subvencións para financiar os seguintes tipos de plans:

1. Plans unitarios: caracterízanse por afectar o persoal dunha soa entidade local con, polo menos, 200 efectivos.

2. Plans agrupados: son aqueles que afectan o persoal de dúas ou máis entidades locais que agrupen, polo menos, 200 efectivos. Poderán ser formulados ben polas propias entidades locais das cales dependa o persoal ou ben por federacións ou asociacións de entidades locais. En todo caso, cada entidade local só poderá participar nun único plan agrupado.

3. Plans interadministrativos: son aqueles destinados non só ao persoal da Administración promotora, senón tamén ao persoal empregado público doutras administracións. Estes plans só poderán ser elaborados pola Federación Galega de Municipios e Provincias, segundo o establecido no artigo 6, segundo parágrafo do AFEDAP.

Contía

A concesión das subvencións para os plans de formación obxecto desta resolución financiaranse con cargo ao crédito dispoñible no orzamento da Escola Galega de Administración Pública por un importe de 403.843,50 euros.

Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

Descargas: