SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO FINANCIAMENTO DE PLANS DE FORMACIÓN DAS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA PARA O ANO 2016, NO MARCO DO ACORDO DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS. PRAZO: 28-04-2016

Data: 

martes, 29 Marzo, 2016 (Todo o día) a xoves, 28 Abril, 2016 (Todo o día)

 

Escola Galega de Administración Pública 

RESOLUCIÓN do 15 de marzo do 2016 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2016, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas.

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e, ademais, efectuar a convocatoria da concesión de subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación para o emprego promovidos polas entidades locais de Galicia no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Afedap).

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvención (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Finalidade

As subvencións destinaranse a financiar os plans de formación promovidos polas entidades locais de Galicia, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Afedap).

As entidades locais poderán promover plans de formación unitarios ou plans de formación agrupados, circunscritos ao territorio autonómico. As asociacións ou federacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia lexitimamente constituídas ao abeiro do previsto no artigo 120 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, poderán presentar plans de formación interadministrativos ou agrupados, tanto individualmente por iniciativa propia ou mediante as adhesións dos concellos e deputacións provinciais que o desexen.

Os plans deberán cumprir os obxectivos e demais requisitos fixados no Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Afedap) e serán aprobados pola Comisión Paritaria de Formación Local na Comunidade Autónoma de Galicia.

En todo caso, todas as actividades desenvolvidas no marco das subvencións convocadas garantizarán a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, eliminando cualquera tipo de discriminación directa ou indirecta e fomentando a conciliación.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións os concellos, deputacións provinciais e demais entidades locais recoñecidas no artigo 2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, que promovan plans de formación para os empregados públicos, de carácter unitario ou agrupado, dentro do ámbito do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas.

Tamén poderán ter o carácter de beneficiarias as asociacións ou federacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia lexitimamente constituídas ao abeiro do previsto na disposición adicional quinta da Lei 7/1985, do 2 de abril, que promovan plans interadministrativos ou agrupados para a formación dos empregados públicos das entidades locais de Galicia.

Financiamento

A concesión das subvencións para os plans de formación obxecto desta resolución financiaranse con cargo ao crédito dispoñible no orzamento da Escola Galega de Administración Pública, na partida 05.80.122B.460.1, por un importe de 415.132 euros.

Prazo

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: