SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ACCIÓNS PARA O IMPULSO DA AXENDA 2030. PRAZO: 28-04-2023

Data: 

mércores, 29 Marzo, 2023 (Todo o día) a venres, 28 Abril, 2023 (Todo o día)

 

Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030

Extracto da Resolución da Secretaría de Estado para a Axenda 2030, do 23 de marzo de 2023 pola que se convocan subvencións destinadas a accións para o impulso da Axenda 2030 nas Entidades Locais. BDNS (Identif.): 684021.

Obxecto

Concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para o financiamento de proxectos e iniciativas que promovan a implementación, a aliñación e a localización da Axenda 2030 nas Entidades Locais, de acordo co previsto no artigo 1 da Orde Ministerial DSA/632/2022, do 23 de xuño.

O prazo máximo para executar cada proxecto ou iniciativa, será dun ano a partir da publicación da resolución de concesión correspondente.

Beneficiarios

Entidades locais recollidas no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

Así mesmo, poderán obter a condición de entidade beneficiaria as agrupacións de entidades locais que estean constituídas conforme ao artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e que cumpran os requisitos establecidos na disposición adicional única da Orde DSA/632/2022, do 23 de xuño.

Bases Reguladoras

Orde Ministerial DSA/632/2022, do 23 de xuño, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións destinadas a accións para o impulso da Axenda 2030 nas Entidades Locais.

Contía

A contía máxima da convocatoria ascende a 6.600.000 € (seis millóns seiscentos mil euros), con cargo á aplicación orzamentaria 29.07.921E.460, que se distribuirán nos seguintes tramos:

1.400.000,00 € para proxectos presentados por entidades locais ou agrupacións de entidades locais cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes.

3.200.000,00 € para proxectos presentados por entidades locais ou agrupacións de entidades locais cunha poboación superior a 5.000 habitantes e inferior a 100.000 habitantes.

2.000.000,00 € para proxectos presentados por entidades locais ou agrupacións de entidades locais cunha poboación superior ou igual a 100.000 habitantes.

Poderanse subvencionar proxectos cunha contía mínima solicitada de 20.000,00 € e máxima de 250.000,00 €.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes para contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no "Boletín Oficial do Estado".

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 684021): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/684021

-Na Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

-O texto da convocatoria e os seus anexos están dispoñibles na páxina web www.mdsocialesa2030.gob.es

 

 

Descargas: