SUBVENCIÓNS CO FIN DE ADXUDICAR EQUIPAMENTOS DE EMERXENCIA A CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES, MANCOMUNIDADES OU AGRUPACIÓNS DE CONCELLOS GALEGOS. PRAZO: 22-08-2022

Data: 

venres, 22 Xullo, 2022 (Todo o día) a luns, 22 Agosto, 2022 (Todo o día)

 

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Orde do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2022 co fin de adxudicar equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR450A). BDNS (Identif.): 639368.

Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con AVPC inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e a súa convocatoria para o ano 2022.

O procedemento regulado nesta orde habilitarase na Guía de procedementos e servizos co código de procedemento PR450A.

Persoas beneficiarias

Poderán solicitar este equipamento os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos que cumpran as seguintes condicións:

a) Que o solicitante teña unha AVPC con persoal voluntario operativo e asegurado, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo; ou que tivesen presentada oficialmente a solicitude de inscrición de nova AVPC nel –neste caso queda condicionada a concesión da subvención á efectiva inscrición, segundo se establece no artigo 59 e concordantes do Decreto 56/2000, do 3 de marzo–. Esta condición debe cumprirse, como moi tarde, no último día do prazo de presentación de solicitudes.

b) Ter presentadas as contas a que se refire o artigo 208 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2020 no Consello de Contas de Galicia.

c) Que non teñan recibido o mesmo equipamento por parte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ou organismos e entidades adscritas a esta con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2015 destinado á prestación dos servizos de protección civil e emerxencias, coa excepción dos desfibriladores externos, que se poderán solicitar independentemente de que se recibise este material no período anterior.

Para estes efectos, nunha primeira repartición do equipamento non poderán ser beneficiarios da liña 1 (vehículos todoterreo) aqueles concellos que recibisen algún tipo de vehículo con posterioridade á data indicada.

Se unha vez asignado o equipamento ás entidades locais tendo en conta a condición anterior quedase equipamento vacante, este será asignado a entidades locais que xa o recibisen despois do 1 de xaneiro de 2015, de acordo coa puntuación acadada na presente orde. Paras estes efectos, no caso da liña 1 (vehículos todoterreo), darase prioridade aos concellos que non conten con vehículo todoterreo desde a data indicada.

Importe

A actuación que se vai desenvolver ten natureza de subvención en especie e o equipamento que se vai ceder distribuirase nas seguintes liñas de axuda:

Liña 1.8: vehículos todoterreo.

Liña 2.8: remolques para a atención ás emerxencias.

Liña 3.30: tendas de campaña para emerxencias.

Liña 4.8: coitelas para retirada de neve.

Liña 5.20: esparexedores de sal.

Liña 6.13: embarcacións pneumáticas de aproximadamente 4 metros de eslora.

Liña 7.120: desfibriladores externos.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNSIdentif.: 639368): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

 

Descargas: