A subministración de auga potable e saneamento será analizada nunha xornada técnica en Abegondo o 5 de maio

Data: 

venres, 5 Maio, 2017 (Todo o día)

O concello de Abegondo ten organizado para o vindeiro 5 de maio unha xornada técnica para avanzar na resolución dos problemas de subministración de auga potable e saneamento detectados nos núcleos rurais galegos. Os destinatarios da acción demostrativa son fundamentalmente técnicos municipais das áreas de saneamento e abastecemento, ademais de alcaldes ou concelleiros responsables da materia.

Para esta xornada técnica hai programadas visitas ao encoro de Beche, así como a diferentes instalacións de abastecemento e saneamento. O aforo está limitado a 30 persoas e as inscricións deberán facerse no seguinte enderezo electrónico: isabel.manteiga@abegondo.es. O programa completo e máis información están dispoñibles nesta ligazón.

A iniciativa enmárcase dentro do proxecto “Life Rural Supplies”, impulsado polo Concello de Abegondo, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade. O seu principal obxectivo é fortalecer a sostibilidade das pequenas subministracións fronte ás súas principais ameazas, como son a deficiente calidade das augas captadas ou a falta de gobernanza na extracción de augas subterráneas e na eliminación dos residuos.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon 170505programa.pdf2.15 MB
FEGAMP