O 13 de novembro de 2025 o Boletín Oficial do Estado publicou a Orden APA/1288/2025, de 11 de novembro, pola que se establece, entre outras, a medida de confinamento das aves no interior das explotacións, co fin da prevención e control do contaxio por influenza aviaria, cuestión da que xa informamos hai escasas datas.
Como informabamos nese momento, a adopción destas medidas a nivel estatal, debíase ao incremento do risco da aparición no territorio nacional de focos de lnfluenza aviaria altamente patóxena (IAAP), motivado polo incremento de focos desta doenza nos países do centro e do norte de Europa, así como tamén en España cunha constante comunicación de focos de IAAP en aves silvestres en gran número de Comunidades Autónomas do Estado, a existencia de fluxos migratorios de aves procedentes de zonas no centro e norte de Europa onde existe gran afectación destas aves, así como a diminución previsible das temperaturas nestas datas, situación propicia para o mantemento e difusión deste virus no ambiente.
O pasado 24 de novembro, a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) publicou un informe no que se actualiza e analiza a situación actual. A conclusión á que chega este informe é que nos atopamos ante un escenario inédito ata a data, cunha altísima circulación do virus da IAAP nas poboacións de aves silvestres, que esta Axencia cualifica como “sen precedentes”, ao comparar os datos da presente temporada cos temporadas anteriores.
- Campaña de protección de granxas avícolas.
- Niveles sen precedentes de influencia aviar altamente patóxena en aves silvestres en Europa durante a migración de otoño de 2025
No informe indícase a conveniencia da retirada inmediata de cadáveres de aves silvestres que se poidan atopar en calquera localización do territorio, co fin de diminuir todo o posible a carga viral circulante no ambiente e diminuir a posiblidade de diseminación entre outras aves silvestres que puideran constituir fonte de contaxio para as aves de curral.
Por esta razón póñome en contacto con vostedes, co obxecto de pedir a colaboración das autoridades municipais, no sentido de que ante a detección de cadáveres ou restos de aves se proceda, tomando as precaucións adecuadas en materia de protección persoal, á súa retirada o antes posible, así como á aplicación de desinfectante na zona na que se localizaran estas aves.
Esta mesma comunicación enviáronna á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para o seu traslado ao persoal das garderías desa consellería que habitualmente desenvolven o seu traballo no medio natural.
Finalmente, cómpre lembrar que, se ben o risco de contaxio da influenza aviaria á poboación é insignificante, a aparición de focos desta enfermidade en granxas de aves de curral tería enormes efectos negativos para o sector avícola galego e español, tanto polos prexuízos directos aos gandeiros afectados como indirectamente a nivel de restricións comerciais de aves e os seus produtos.

Sede Electrónica