SITUACIÓN DE RISCO POR INFLUENZA AVIARIA EN AVES 2022

Data: 

mércores, 11 Maio, 2022 (Todo o día)

 

O pasado 11/01/2022 informábase acerca dun cambio na situación epidemiolóxica en España con respecto á Influenza Aviaria de Alta Patoxenicidade (IAAP), considerándose por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) que nas Zonas de Especial Vixilancia (ZEV), como é o caso do concello do que vostede é Alcalde-Presidente, o risco de circulación do virus era alto. Debido a esta situación, adoptáronse unha serie de medidas. Nas datas posteriores constatouse que o virus estaba a circular no territorio nacional, aparecendo, ata a data actual, 31 focos en aves de curral, nas comunidades de Andalucia e Castela e León, e 37 en aves silvestres, en Madrid, Andalucía, Castela e León, Aragón, Extremadura e Cataluña.

O 04/05/2022 o MAPA procedeu actualizar a situación de risco, segundo a evolución nas últimas semanas da situación epidemiolóxica da IAAP en España, tanto nas aves silvestres como nas domésticas. Así, tendo en conta que desde o pasado 21 de marzo non se ten notificado ningún foco en granxas de aves, e que finalizou o periodo migratorio das aves silvestres desde o norte e o centro de Europa cara ao noso país, decidíuse proceder ao levantamento das medidas acordadas desde o pasado 4 de xaneiro, nos municipios incluídos nas zonas ZEV, agás nos ubicados na Comunidade de Madrid, na que se localiza o último foco en aves silvestres, acontecido o 26/04/2022. Non obstante, o MAPA deixa a criterio das autoridas competentes de cada comunidade autónoma a posibilidade de establecer restricións no seu territorio, no caso de considerarse necesario segundo os resultados da súa propia análise de risco. Dado que en Galicia non se detectou ningún foco de IAAP, nin en aves de curral nin en aves silvestres, non se considera necesario establecer máis restricións, no caso dos concellos incluidos nas zonas ZEV, que as especificadas no punto 1 do artigo 5 da Orden APA/2442/2006, pola que se establecen medidas específicas de protección en relación coa influenza aviaria.

Deste xeito, a única medida a aplicar nos concellos incluidos nas zonas ZEV. como é o caso dos concellos, é a prohibición da presenza de aves de curral (criadas en granxa) nos centros de concentración, incluindo os certames gandeiros, mostras, exhibicións e celebracións culturais, ainda que poderianse autorizar no caso de que a autoridade competene efectuara unha avaliación do risco con resultado favorable. Non obstante, poderase prohibir a concentración doutras aves distintas a estas (como ornamentáis, pombas mensaxeiras ou falcóns), no caso de que así se decidira por parte das autoridades competentes tras unha avaliación de risco. Como información complementaria, volvemos a recordar as seguintes recomendacións:

• As persoas relacionadas con granxas avícolas comerciais que posúan tamén unha explotación avícola de tipo curral familiar, deben evitar ter contacto con aves dunha e outra explotación sen previamente tomar as axeitadas medidas de bioseguridade (lavado de roupa, lavado de mans...), especialmente se as aves do galiñeiro familiar teñen posibilidade de contactar con aves silvestres.

• As persoas titulares ou traballadoras en explotacións ou titulares de currais familiares de calquera tipo, se realizan actividade cinexética de caza menor de aves, deben manter as adecuadas prácticas de bioseguridade unha vez finalizada a actividade cinexética, procurando no entrar en contacto coas aves domésticas da súa propiedade.

Aproveitan para recordar que, tal como se establece no Real Decreto 637/2021, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas, é obrigatoria a inscrición de todas as explotacións nas que se críen ou manteñen aves de curral, produtoras ou reprodutoras, para calquera tipo de produción, incluídos os currais de autoconsumo, no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas da Consellería do Medio Rural.

Aínda que a situación de risco é menor que a principios de ano, dadas as características desta enfermidade, cunha alta difusibilidade entre as aves e as graves repercusións económicas que a súa presenza poden causar ao sector avícola, é moi importante a detección precoz da mesma, polo que calquera sospeita de influenza aviaria debe ser comunicada de inmediato aos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural, directamente ou, de existir, a través do veterinario da explotación. Igualmente no caso de sospeita en aves silvestres.

Prégase que se dea a maior difusión posible a esta información a todos os veciños e veciñas do seu concello polos medios dispoñibles que consideren máis adecuados. 

Este rexistro pode realizarse por diversas vías:

Esta información e outra de interese relacionada coa influenza aviaria está así mesmo dispoñible na web da Consellería do Medio Rural. (https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/gandaria/sanidade-animal ).