No día de onte, 14 de xullo de 2026, asinouse na sede da FEGAMP o «Protocolo para a prevención e actuación ante situacións de violencia laboral externa no Servizo de Axuda no Fogar (SAF)». Os asinantes deste documento foron, ademais da FEGAMP, a Delegación do Goberno, o ISSGA, os sindicatos máis representativos (CCOO, UGT, CIG e CSIF), as organizacións empresariais (ASADE e AGESAF) e o Colexio Oficial do Traballo Social, logo dun intenso traballo de consenso entre todas as entidades e maila Consellería de Política Social.
O obxectivo principal é protexer as persoas traballadoras do SAF fronte a riscos e agresións nos domicilios ou nos desprazamentos. O texto recolle procedementos que van desde a análise diaria de riscos ata os pasos para a suspensión cautelar do servizo ante un perigo inmediato.
Xunto ao protocolo, a FEGAMP, a Delegación, os sindicatos, ASADE, AGESAF e o COTSG rubricaron tamén un documento para reclamar os cambios normativos e de financiamento necesarios para que esta ferramenta sexa útil e aplicable na realidade de cada municipio.
Poden acceder ao contido íntegro de ambos os dous documentos a continuación:
Descargas:
| Arquivos | Tamaño |
|---|---|
| 784.39 KB | |
| 471.26 KB |

Sede Electrónica