Data:

Os obxectivos de ambas feiras serán reforzar as sinerxías entre o sector enerxético e os servizos municipais e seguir aumentando a asistencia de perfis políticos e técnicos dos concellos, tras a súa consolidación cunha elevada participación de expositores, visitantes profesionais e un amplo programa de xornadas técnicas nas edicións anteriores.
Enerxétika estará centrada nas enerxías renovables, a eficiencia enerxética, o hidróxeno verde, a mobilidade eléctrica e a innovación.
ENERXETIKA 2026 | Feira da Enerxía
ExpoMunicipal estará orientada en dotar solucións prácticas para os concellos en ámbitos clave como a xestión da auga, os residuos, a mobilidade urbana, a limpeza viaria, a dixitalización e a aplicación da intelixencia artificial.

Sede Electrónica