Data:
Está organizada pola Fundación Franz Weber. Esta xornada online terá lugar o vindeiro luns 19 de outubro, de 10 a 14h, na que haberá diferentes ponencias sobre a necesidade de integrar as políticas de benestar e convivencia con animais nos municipios.
A xornada contará con poñentes de diferentes partes do Estado español e América, e trata de seguir a líña do chamado Pacto de Teguise, unha proposta sociopolítica para por fin ao maltrato animal logo dun terrible caso de crueldade nesa vila de Lanzarote.
Vai dirixida a técnic@s e tamén concelleir@s dos municipios galegos, pois a liña principal desta iniciativa gratuita é ofrecer posibles solucións a esta lacra que supón o abandono e o maltrato, mais tamén o custo público que implica na actualidade para os Concellos e Deputacións.
Toda a información no seguinte enlace: https://www.niunmaltratomas.org/webinar