SEMINARIO: FINANCIAMENTO DE PROXECTOS E FONDOS NEXT GENERATION

Data: 

venres, 17 Decembro, 2021 (Todo o día)
Cartel da xornada

A Xunta, a través da Dirección Xeral de Administración Local, organiza o próximo venres día 17, de 11:00 horas a 14:00 horas un seminario de gran interese para as administracións locais.

Esta webinar tratará sobre o financiamento de proxectos para PEMES e administracións locais e as perspectivas de futuro que se abren coa chegada dos Fondos de Recuperación Next Generation EU.

Como ponente contarán con Rodrigo Sanz, Business development & European Institutional Affairs de Euro-Funding.

Esta actividade forma parte do proxecto  0636_Novatfe_1_E financiado con fondos europeos no marco da segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (POCTEP).

Os interesados en participar poden apuntarse neste seminario e consultar tódalas actividades e seminarios nas seguintes ligazóns:

PARA INSCRICIÓN: https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_rXprGY3YRkKs4dbrLupkfw