Data:
Consellería de Política Social e Igualdade
Orde do 24 de setembro de 2025 pola que se efectúa a segunda convocatoria de axudas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS700A).
BDNS (Identif.): 860428.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto a aprobación da segunda convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2025-2026 para a concesión de axudas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá de acordo coas bases reguladoras previstas na Orde do 27 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria (código de procedemento BS700A).
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións convocadas ao abeiro desta orde as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia ou agrupacións delas que se relacionan a continuación:
a) Para a xestión individual: concellos, incluídos os que resulten dunha fusión municipal, que conten cun censo mínimo de 10.000 habitantes, segundo a cifra de poboación a data 1 de xaneiro de 2023 (fonte Instituto Galego de Estatística).
b) Para a xestión compartida:
1º. Agrupacións de concellos e/ou agrupacións de mancomunidades de concellos.
2º. Mancomunidades de concellos.
3º. Consorcios locais constituídos exclusivamente por concellos. Quedan excluídas as deputacións provinciais.
Financiamento
Tendo en conta que a través da Resolución do 15 de outubro de 2024 que pon fin ao procedemento de concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS700A), foron concedidas o 100 % das solicitudes presentadas dentro desa convocatoria, considérase de interese público esgotar a totalidade do crédito orzamentado dispoñible e proceder á apertura dunha nova convocatoria e dun novo prazo de presentación de solicitudes de axudas para a presentación de novos proxectos destinados a financiar a implantación de novas unidades de atención temperá no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa II) durante o período 2025 e 2026.
Para o financiamento desta nova convocatoria para a subvención do Programa II destínase crédito por importe total dun millón cento noventa e cinco mil trescentos corenta e dous euros con noventa e oito céntimos (1.195.342,98 €), que se imputará á aplicación 08.04.312E.460.1.
Contía
Sen prexuízo do reflectido no artigo 5 e no artigo 19.4 das bases reguladoras, a contía máxima de subvención por entidade beneficiaria virá determinada polo seguinte:
a) O número total de horas de traballo totais do equipo que conforma a unidade de atención temperá.
b) E, en todo caso, cos seguintes importes máximos en función do tipo de xestión e da suma de poboación da entidade beneficiaria:
1º. Categoría 1 xestión Individual cunha poboación de ata 40.000 habitantes: ata 12.100,00 € de importe máximo por mes subvencionable.
2º. Categoría 2 xestión compartida cunha poboación de ata 40.000 habitantes: ata 15.287,00 € de importe máximo por mes subvencionable.
3º. Categoría 3 xestión individual ou compartida cunha poboación de mais de 40.000 habitantes: ata 18.344,40 € de importe máximo por mes subvencionable.
O importe da subvención calcularase segundo o sistema de custos simplificados de custo unitario por hora máis a porcentaxe de tipo fixo para os outros gastos directos e indirectos, segundo o establecido nos artigos 53.1.b) e d), 55.2.a) e 56.1 do Regulamento (UE) 2021/1060, de acordo co previsto no artigo 10 das bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 860428): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/860428
-Na Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade (Conselleira de Política Social e Igualdade).

Sede Electrónica