SEGUNDA CARTA DA FEGAMP REITERANDO A SÚA PETICIÓN Á DIRECCIÓN XERAL DE REXISTROS E NOTARIADO DE MANTER OS REXISTROS CIVÍS NOS CONCELLOS

A Fegamp decidiu enviar unha segunda carta á Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Goberno na que ofrece a disposición do municipalismo galego a colaborar con ela naqueles municipios da nosa comunidade autónoma que carezan na actualidade de xulgados de paz ou de rexistros mercantís ou da propiedade. 

Ao mesmo tempo, propoñemos que esa colaboración supoña a mesma ou semellante compensación económica ou financiamento que o que o Goberno tivera previsto destinar a outros colectivos por ese labor. 

Xúntase texto íntegro da carta.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Texto da carta84.87 KB