Rey Varela despídese da Fegamp prometendo máis persoal para o servizos sociais dos municipios

Data: 

venres, 30 Outubro, 2015 (Todo o día)

O popular José Manuel Rey Varela despedíuse esta mañá da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), institución que presidíu durante catro anos, prometendo que desde o seu novo cargo de conselleiro de Política Social non perderá en ningún momento a conexión cos concellos galegos, e que promoverá o próximo ano unha orde para dotar de máis persoal aos servizos sociais dos concellos. No acto inaugural da IX Asemblea Xeral da Fegamp, que ten lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública (Egap), Rey Varela, tamén afirmou que os municipios terán nél a un 'fiel colaborador' e abogou polo traballo 'conxunto' entre as distintas institucións para conseguir 'unha Galicia mellor e máis próspera'.

O presidente saínte, que cualificou aos concellos como 'a mellor escola para o exercicio da política', suliñou ademais a 'unidade do municipalismo' acadada nos catro anos do seu mandato, mesmo ante a reforma da Lei de Bases do Réxime Local, pedindo que a Fegamp continúe sendo 'un foro de diálogo' no que se deixen de lado 'as diferencias partidarias'.

Alfonso Rueda

No acto de inauguración da Asemblea da Fegamp tamén interviron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. O tamén conselleiro de Presidencia destacou igualmente a unidade que caracteriza á Fegamp e dixo que 'a simple confrontación non leva máis que ao enfrontamento'. Rueda lembrou que o seu Goberno foi 'o primeiro' en presentar alegacións á reforma da Lei de Bases de Réxime Local do Goberno central, e segundo él, o fixo ademais desde a perspectiva da 'administración máis cercana', porque é 'a que mellor coñece as necesidades dos veciños e a que mellor pode prestar os servizos'. O vicepresidente quixo poñer en valor que finalmente a Xunta impulsou a Lei de Medidas Urxentes para que 'non se producira esa eliminación de competencias no ámbito galego'. Rueda concluíu afirmando que está convencido de que 'a Fegamp seguirá sendo un punto de encontro', á vista do 'magnífico presidente' que vai tomar posesión hoxe, o alcalde socialista de O Barco de Valdeorras, Alfredo García.

Martiño Noriega

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o primeiro en intervir na inauguración da Asemblea do municipalismo galego, pedíu cambios na Fegamp, porque para él, 'non pode seguir co seu histórico discurso' sobre falta de financiamento, porque se ben é un problema estrutural que hai que resolver', 'hai que responder con contundencia ante as agresións á autonomía local'. Noriega solicitou a derrogación da Lei de Baes de Réxime Local que, segundo él, debe de ser 'un obxectivo central para esta nova etapa'.

A Asemblea continuou logo coa Memoria de Xestión do mandato 2011-2015, e posteriormente (ás 12,00), cun minuto de silencio ás portas da Egap co que os responsables municipais e provinciais expresaron a súa repulsa ante o último crime de xénero que se ten producido en Vigo. Despois tivo lugar o debate dos tres relatorios desta Asemblea _financiamento, organización territorial e transparencia e modernización_, que marcarán a pauta de actuación do novo presdiente e da nova Executiva da Fegamp que resulte elixida esta tarde.