
O día 24 de abril de 2012, o Vicepresidente Executivo da FEGAMP e Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo unha xuntanza de traballo co director do INEGA, na sede do Instituto Enerxético de Galicia, sobre a eficiencia enerxética.
O obxecto da reunión foi analizar tanto as posibilidades técnicas existentes no mercado para a execución dun proxecto de eficiencia enerxética na iluminación pública, como definir os modelos de financiamento que se formulan para dar cobertura aos concellos.
A tipoloxía das empresas que presentaron as súas propostas foi a seguinte: empresas auditoras, empresas técnicas (ESE) e de financiamento. Plantexando os principais parámetros a definir en cada proxecto (Financiamento, duracións dos contratos, prestacións contratadas, garantías e reparto de aforro e fórmulas de pagamento que poden ser empregados polos concellos).

Sede Electrónica