Reunión de traballo na Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

Data: 

mércores, 3 Febreiro, 2016 - 11:00

O presidente da Fegamp, Alfredo García reúnese nas instalacións da Xunta de Galicia en San Lázaro coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato. Na xuntanza de traballo acordan asinar un convenio para a mellora dos puntos limpos de Galicia, ademais de tratar temas de interese común como a nova Lei do Solo de Galicia ou o Pacto da Auga.