Reunión da FEGAMP cos COSITAL para abrir liñas de colaboración

Data: 

martes, 29 Setembro, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2026.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela mantivo un encontro cos presidentes dos Colexios Oficias de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local (COSITAL) de A Coruña/Pontevedra e de Ourense, José Antonio Rueda e Jorge Moreno, respectivamente. Estaba prevista a asistencia do presidente de COSITAL de Lugo, José Antonio Mourelle, pero finalmente non puido asistir. Na reunión tamén participaron a secretaria xeral da FEGAMP, Patricia Vilán, e a secretaria de COSITAL A Coruña/Pontevedra, María Cristina Varela.

Ambas partes valoraron a situación normativa e de financiamento local actual e conviñeron en traballar na concrección dunha colaboración permanente, que contemple a celebración de xornadas sectoriais e a posta en marcha de ferramentas que faciliten o día a día da xestión dos concellos.