A reunión da Comisión Executiva de outubro aprobou sendas declaracións institucionais polo 25-N e polo 20-N

Data: 

martes, 27 Outubro, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2026.- A Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) celebrou a súa sesión ordinaria de outubro na que os seus membros puideron participar presencialmente e de xeito telemático.

Na reunión repasáronse os encontros mantidos cos Colexios de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de A Coruña, Pontevedra e Ourense,  e cops conselleieros de Presidencia e de Facenda da Xunta de Galicia no marco da Subcomisión do réxime económico e financeiro onde se presentou a proposta da Xunta de Galicia para o financiamento local de 2027. Tamén se informo da participación no foro IDEAGOV en Bergondo sobre a futura nova Lei de Administración Local de Galicia (LALGA), e no foro "Territorios que lideran: o futuro comeza no local" organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Deputación Provincial da Coruña, entre outros asuntos.

Tamén informouse da celebración da Xunta extraordinaria de Voceiros e Voceiras que acordou a condena unánime da agresión padecida polo presidente da FEGAMP e alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela,e aprobáronse sendas declaracións institucionais polo 25-N (Día internacional para a eliminación da violencia contras as mulleres) e polo 20-N (Día mundial da Infancia), e o borrador do modelo de ordenanza para protexer e conservar as vías municipais afectadas pola extracción de madeira.

Por último tamén revisáronse os informes emitidos neste período, como o do proxecto de “Actualización de protección civil de atención ao peregrino (PAP 2027)", o da "Orde para a convocatoría pública para subvencións para a contratación de persoal para orientación laboral en 2027", e o da "Orde para subvencións da Rede Eusump para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social para 2027 e 2028".