RETTURN - Formación especializada.- Sostibilidade e competencias dixitais para o turismo rural

Data: 

luns, 1 Xullo, 2024 - 09:00 a mércores, 3 Xullo, 2024 - 15:00

O proxecto Retturn – Red de Experiencias Turísticas basadas en la Tradición Rural busca innovar e transformar o concepto de “turismo rural”, mediante a recuperación de tradicións relacionadas co entorno rural para la xeneración de experiencias turísticas memorables. Para isto, seis federaciones de municipios de todo o país estamos a traballar en común desenvolvendo estas experiencias.  

No caso da FEGAMP, estase a traballar no ámbito territorial do GDR Montes e Vales Orientais para crear experiencias turísticas  en torno ás pallozas e os teitos de palla, a transhumancia e a gandaría de montaña e o patrimonio popular apícola. 

Agora, o proxecto da un paso máis achegando formación específica relacionada coa sostibilidade e as competencias dixitais aos axentes do territorio vinculados ou interesados no turismo rural. 

Desenvolverase en tres sesións de mañán, e abordaranse dous módulos formativos en cada sesión.

As persoas formadoras impartirán a formación presencial dende Baleira, e será retransmitida en streaming ás outras federacións de municipios e alumnado online. 

Esta formación é de balde e estará acreditada polo proxecto RETTURN.  

CANDO? 1, 2 e 3 de xullo, de 9:30 a 14:30 horas.

ONDE? Casa do Concello de Baleira. Rúa Dr. Escobar s/n. Baleira. Lugo

MODALIDADE: presencial e online

>>> ASISTIRÁS PRESENCIAL EN BALEIRA? INSCRÍBETE AQUÍ!! (Prazas limitadas. Unha vez cubertas as prazas farase unha lista de agarda por rigorosa orde de inscrición)

>>> PREFIRES SEGUIR A FORMACIÓN ONLINE? INCRÍBETE AQUÍ!! (Prazas limitadas. Unha vez cubertas as prazas farase unha lista de agarda por rigorosa orde de inscrición)

CICLO FORMATIVO I - SOSTIBILIDADE E COMPETENCIAS DIXITAIS PARA O TURISMO RURAL
DATA  MÓDULOS  DURACIÓN
01/07/2024 MÓDULO 1 Ferramentas para a xestión de proxectos turísticos 2,5 horas

 

01/07/2024 MÓDULO 2 Oportunidades de financiación para o sector turístico 2,5 horas

 

02/07/2024 MÓDULO 3 Emprendemento e innovación no ámbito do turismo rural  2,5 horas

 

02/07/2024 MÓDULO 4  Economía circular e turismo 2,5 horas

 

03/07/2024 MÓDULO 5 Marketing dixital para a promoción de destinos turísticos 2,5 horas

 

03/07/2024 MÓDULO 6  Redes sociais para o sector turístico 2,5 horas

 

 

 

Colaboran: 

Concello de Baleira

Descargas: