RETTURN - Formación online - Destrezas e competencias profesionais para o sector do turismo rural

Data: 

mércores, 10 Xullo, 2024 - 09:30 a venres, 12 Xullo, 2024 - 14:30

 

A FEGAMP, no marco do proxecto RETTURN, promove un curso online sobre ‘Destrezas e compentencias profesionais para o sector do turismo rural’ dirixido a persoas interesadas en formarse (persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas) para desenvolver ou traballar en proxectos relacionados co turismo rural.

CANDO?

10, 11 e 12 de xullo, de 9.30 h. a 14:30 h. 

COMO?

Online. Só necesitas un dispositivo e conexión a internet.

CUSTE?

Gratuíto.

INSCRICIÓNS

Para coidar ao máximo a experiencia formativa, as prazas están limitadas e é preciso inscribirse. Unha vez cubertas as prazas, farase unha lista de agarda por rigurosa orde de inscrición.

Trátase dunha formación intensiva, de gran valor formativo, gratuíta e acreditada polo proxecto RETTURN.  A formación farase en modalidade online, retransmitida en streaming.

 

Programa formativo

10/07/2024 11/07/2024 12/07/2024
MÓDULO 1 – Ferramentas para a xestión de proxectos turísticos (2,5 horas) MÓDULO 3 – Emprendemento e innovación no ámbito do turismo rural. (2,5 horas) MÓDULO 5 – Márketing dixital para a promoción de destinos turísticos. (2,5 horas)
MÓDULO 2 – Oportunidades de financiamento para o sector turístico. (2,5 horas) MÓDULO 4 – Economía circular e turismo (2,5 horas) MÓDULO 6 – Redes sociais para o sector turístico. (2,5 horas)
     

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Descarga aquí o programa formativo715.97 KB