A Comisión Delegada para o Reto Demográfico aprobou o pasado martes 16 de marzo o Plan de Medidas ante o Reto Demográfico, que contará cun investimento superior a 10.000 millóns de euros, o que supón en torno ao 10% do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e que se distribuirán nun total de 130 políticas activas orientadas a loitar contra o despoboamento e garantir a cohesión social e territorial.
A finais de 2020 a Secretaría Xeral para o Reto Demográfico a finais de 2020 solicitou manifestacións de interese (MDI), que permitiron dispoñer dunha imaxe máis definida das necesidades e oportunidades que hai nos pequenos municipios, así como das características dos proxectos que parten do tecido asociativo rural. Das máis de 4.200 iniciativas recibidas, máis do 60% procedían de pequenos concellos, o que permitiu achegar o Plan de Medidas á administración local e orientar de maneira eficaz as súas actuacións cara aos pequenos municipios.
O PLAN DE MEDIDAS ANTE O RETO DEMOGRÁFICO
O Plan de Medidas alíñase co marco da Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico e co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para establecer unha axenda efectiva de igualdade e cohesión territorial que incorpore aos pequenos municipios nunha recuperación verde, dixital, inclusiva e con perspectiva de xénero.O plan prevé unhas actuacións iniciais que se poñerán en marcha a partir de 2021 e que se estenderán ata 2023, polo que se articula como un documento aberto á inclusión de novas propostas de intervención.
- Cales son os obxectivos do Plan de Medidas ante o Reto Demográfico?
O Plan oriéntase cara a consecución de dous obxectivos fundamentais para a cohesión social e territorial:
- Garantir a igualdade de dereitos en cuestións como a prestación de servizos, a igualdade de xénero ou a eliminación de fendas sociais, polo que contará cunha ampla batería de medidas efectivas orientadas ao reforzo dos servizos públicos, a mellora do benestar social, o impulso da economía dos coidados e a posta en marcha dunha axenda social que sitúe a mulleres e mozas no centro das políticas de igualdade.
- Xerar oportunidades de emprendemento e impulso da actividade económica nos territorios con maiores dificultades para competir en mercados globalizado, polo que a transición ecolóxica e a dixitalización e plena conectividade do territorio compoñen dous dos eixos de actuación prioritaria do Plan de Medidas, con case 30 políticas activas destinadas a incorporar aos pequenos municipios á folla de roteiro do modelo de transición verde e dixital.
MEDIDAS E EIXOS DE ACCIÓN SOBRE O TERRITORIO DO PLANDE MEDIDAS ANTE O RETO DEMOGRÁFICO
O Plan de Medidas ante o Reto Demográfico recolle 130 políticas activas ordenadas en 10 eixos de acción específicos e orientados a alcanzar o obxectivo global de garantir a cohesión territorial e social. A transición ecolóxica e dixital, a diversificación económica das zonas máis desfavorecidas, o impulso da innovación, o reforzo dos vínculos rurais e urbanos, a adecuada prestación de servizos ou a incorporación da perspectiva demográfica no proceso de toma de decisións dos gobernos son algúns dos elementos que vertebran o Plan.
Se queres ir artellando un proxecto vinculado ao reto demográfico para optar aos fondos europeos que se distribuirán segundo as liñas definidas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, guíate polos eixos que se recollen no Plan de Medidas ante o Reto Demográfico. As futuras convocatorias estarán en consonancia con eles.
No sitio web da European Network for Rural Development tamén podes ver proxectos que se teñen desenvolvido por toda a UE e que poden inspirarte para o deseño do teu.
EIXO |
DESCRICIÓN |
MEDIDAS E PROXECTOS TIPO |
1. IMPULSO DA TRANSICIÓN ECOLÓXICA |
- Impulso de comunidades máis sostibles, innovadoras e resilientes a través da transición enerxética. - Fomento da bioeconomía e a conservación da biodiversidade para contribuír á xeración de oportunidades e a unha maior calidade de vida da poboación. |
- Programa de Rexeneración para a mellora da eficiencia enerxética. - Proxectos de xeración de enerxías renovables ou a conservación e restauración de ecosistemas. |
2. TRANSICIÓN DIXITAL E PLENA CONECTIVIDADE TERRITORIAL |
- Desenvolvemento da banda ancha ultrarrápida e o despregamento do 5 G en todo o territorio. - Capacitación dixital da poboación. |
- Cobertura de banda ancha en mobilidade de 30 Mbps. - Extensión de banda ancha ultrarrápida de 100 Mbps para garantir a dixitalización do medio rural. - Mellora da relación coa Administración Tributaria. - Redución da fenda dixital en centros educativos e de formación profesional. |
3. DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN NO TERRITORIO |
Identificación do talento local para xerar nova actividade económica sobre o territorio e desenvolver intelixencia territorial.
|
- Creación de territorios intelixentes (Smart Cities) - Creación dunha rede de centros de innovación territorial para xerar procesos de transformación social que impulsen a investigación e o emprendemento sobre o territorio. |
4. IMPULSO DO TURISMO SOSTIBLE |
Fomento da actividade turística como motor económico, social e de desenvolvemento sostible do territorio e como elemento que contribúa á loita contra o despoboamento do medio rural e á protección do seu patrimonio.
|
- Desenvolvemento dos destinos turísticos en áreas rurais e de interior, así como a súa promoción, competitividade e transformación verde e dixital. - Impulso da economía circular no turismo - Mantemento e rehabilitación do patrimonio histórico con uso turístico. |
5. IGUALDADE DE DEREITOS E OPORTUNIDADES
|
- Atención ao papel das mulleres sobre o territorio para impulsar iniciativas emprendedoras no ámbito rural e incrementar a súa capacitación profesional. - Combate da fenda de xénero e garantía de igualdade de dereitos en calquera territorio.
|
- Activación de liñas de apoio financeiro ao emprendemento das mulleres. - Proxectos piloto para a inserción laboral de mulleres e mozas sobre o territorio. - Reforzo da seguridade e atención das vítimas de violencia contra as mulleres e garantía de recursos asistenciais e de apoio. |
6. FOMENTO DO EMPRENDEMENTO |
- As zonas rurais e pequenos municipios como espazos de oportunidade e emprendemento capaces de xerar actividade económica que aproveite os recursos endóxenos do territorio e o talento local con especial protagonismo das mulleres e os mozos. - Transformación dixital de sectores como a industria, a actividade agraria ou o comercio en contornas rurais. |
- Fomento da Oficina Nacional de Emprendemento (ONE). - Programa de Modernización do Comercio. - Plan para a Formación Profesional, o Crecemento Económico e Social e a Empregabilidade (Aulas Mentor). |
7. REFORZO DOS SERVIZOS PÚBLICOS E IMPULSO DA DESCENTRALIZACIÓN
|
- Garantir a adecuada prestación de servizos: sanitarios, educativos ou de formación profesional e a disposición de prestacións sociais.
|
- Administración Xeral do Estado (AGE) recupera a súa presenza no territorio rural, reforzando os servizos públicos con accións como a creación de oficinas municipais de xustiza ou o fomento dos centros territoriais da UNED/UNED.
|
8. BENESTAR SOCIAL E ECONOMÍA DOS COIDADOS
|
Posta en marcha de políticas sociais en áreas demograficamente desfavorecidas, prestando especial atención ás necesidades derivadas do envellecemento da poboación rural. |
- Desenvolvemento dun plan de apoios e coidados de longa duración para mellorar o Sistema para a Autonomía e a Atención da Dependencia (SAAD) - Plan para a modernización, innovación e dixitalización dos servizos sociais. |
9. PROMOCIÓN DA CULTURA |
Fomento da actividade cultural en zonas rurais e protección do seu patrimonio histórico-artístico, fundamentais para o desenvolvemento e a activación de novas actividades emprendedoras. |
- Programa de conservación e restauración do patrimonio cultural. - Plan de axudas para a Dinamización Cultural do Medio Rural - Aplicación da perspectiva demográfica ás convocatorias do 1,5% Cultural. |
10. REFORMAS NORMATIVAS E INSTITUCIONAIS PARA ABORDAR O RETO DEMOGRÁFICO |
Actuacións e reformas normativas para aplicar a perspectiva demográfica á toma de decisións en todos os niveis da administración. |
- Redacción do Estatuto básico dos pequenos municipios. - Reforma do sistema de financiamento autonómico e local. - Aprobación da Lei de Traballo a Distancia - Investimento en investigación demográfica. |
Fonte: Goberno de España. Última revisión: 22/03/2021
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Plan de recuperación. 130 medidas frente ao reto demográfico | 6.98 MB |
Estrategia nacional fronte ao reto demográfico | 2.37 MB |