Resumo do proxecto

Proxecto financiado pola Secretaría General para el Reto Demográfico - Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico. Goberno de España

 

Convocatoria Orden TED/1358/2021, de 1 de diciembre, por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvenciones para la financiación de proyectos innovadores para la transformación territorial y la lucha contra la despoblación.
Beneficiario Federación Galega de Municipios e Provincias
Investimento total 225.697 €
Importe da axuda 205.179 €
Período de execución Abril 2023 – Decembro 2024
Ámbito territorial Territorio do GDR Montes e Vales Orientais

 

OBXECTIVOS XERAIS

Xerar un ecosistema de innovación transversal e integral de dinamismo económico e demográfico do comarca lucense de Montes e Vales Orientais dirixido á transformación das aldeas e vilas en espazos para a vida, o emprego, a autonomía e a felicidade.

Este ecosistema innovador articúlase ao redor dos seguintes eixos fundamentais:

• Posta en marcha do Centro Comarcal de Innovación, Emprendemento e Participación Social (CIEPS)

• Proxecto Piloto Video Asistencia Socio-sanitaria a Maiores

• Xeración de infraestruturas públicas de conectividade necesarias para garantir o acceso universal aos servizos públicos dixitais evitando a exclusión dixital-, e para facilitar a xestión intelixente de infraestruturas e servizos municipais.

• Integración de poboación na comarca de Montes e Vales Orientais.

 

LIÑAS DE  ACTUACIÓN DESCRICIÓN
Centro de Innovación, Emprendemento e Participación Social (CIEPS) Infraestrutura básica de recursos humáns para o desenvolvemento intelixente do territorio.
Proxecto Piloto Video Asistencia Socio-sanitaria a Maiores Utilización das tecnoloxías dixitais, como a videoasistencia, para ofrecer novos servizos ás persoas maiores que permitan alongar a súa estancia no seu domicilio cunha adecuada calidade de vida, e dinamizar económica e
demográficamente o territorio xerando emprego entre a poboación máis vulnerable en materia laboral (mocidade, mulleres, persoas migrantes, parados/as de longa duración…)
Integración de poboación na comarca de Montes e Vales Orientais Promoción da dispoñibilidade de vivenda de alugueiro para permitir a permanencia dos mozos no territorio e o asentamento de novos poboadores, mediante un plan específico de retención, captación e integración de poboación no territorio.

 

Proxecto financiado pola Secretaría General pra el Reto Demográfico - Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico. Goberno de España