Resolución do programa 'Vacacións con Traballo 2015' do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Data: 

venres, 22 Maio, 2015 (Todo o día)

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, co que colabora de xeito permanente a Fegamp desde hai anos, ven de dar conta da resolución do programa 'Vacacións con Traballo 2015'. Como xa difundíramos no seu momento nesta web, trátase dun programa de voluntariado en países do sur, destinado a persoal das administracións locais adscritas ao Fondo. Finalmente, técnicos dos concellos de Rianxo, Pobra do Caramiñal, A Estrada e Redondela pasarán as súas vacacións solidarias en Cabo verde; e técnicos dos concellos de Bergondo e Monforte, o farán en Nicaragua. A convocatoria para Honduras quedou deserta porque ningún dos aspirantes que se presentou a ela cumpría os requisitos esixidos.

Poden consultar esa resolución no muro de facebook do Fondo ou na súa web: fondogalego.org.