REPERTE - Rexistro Estatal das entidades interesadas nos Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica

 

Con data 10 de marzo o BOE publicou a Orde HFP/168/2022, de 7 de marzo, pola que se regula o funcionamiento e estrutura do Rexistro Estatal das entidades interesadas nos Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica (https://boe.es/boe/dias/2022/03/10/pdfs/BOE-A-2022-3713.pdf).

No Capítulo II do Título II do Real Decreto-lei 36/2020, de 30 de decembro, polo que se aproban as medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (https://www.boe.es/boe/dias/2020/12/31/pdfs/BOE-A-2020-17340.pdf), aparece unha nova figura de colaboración público privada.

Para o adecuado seguimento desta categoría entrará en funcionamiento o Rexistro Estatal de entidades interesadas nos Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica, dependente do Ministerio de Facenda, Hacienda, no que se inscribirán todas as entidades vinculadas ao desenvolvemento dun PERTE, independentemente da sua natureza xurídica pública ou privada e da sua forma de constitución.

O procedemento consta de duas fases:

1. Acreditación: corresponderá aos ministerios competentes en cada un dos PERTES establecer reglulamentariamente as condiciones técnicas, económicas e xurídicas exixibles, recibir as solicitudes dos interesados, valoralas e acordar ou denegar a acreditación

2. Inscrición: os ministerios responsables comunicarán as resolucións de acreditación adoptadas á Intervención Xeral da Administración do Estado a efectos da súa inscrición no Rexistro estatal.

Páxina web del Goberno de España do PRTR: https://planderecuperacion.gob.es

Apartado específico para os PERTE https://planderecuperacion.gob.es/como-acceder-a-los-fondos/pertes