= Red.es

Red.es é unha entidade pública adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial. 

Desenvolve programas de impulso da economía dixital, a innovación, o emprendemento, a formación para mozas e profesionais e o apoio a pemes mediante o fomento dun uso eficiente e intensivo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Tamén desenvolve programas de implantación tecnolóxica nos servizos públicos da Administración –especialmente en Sanidade, Xustiza e Educación–, e traballa para o desenvolvemento das Cidades e Illas Intelixentes.

Moitos dos proxectos que executa Red.es realízanse grazas ao financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e do Fondo Social Europeo ( FSE).