= Rede de experiencias turísticas baseadas na tradición rural: RETTURN. Maio 2023 - Novembro 2024

10-11 xaneiro 2024 - Torvizcón - FEGAMP participa no encontro de seguimento do proxecto RETTURN

Torvizcon (Granada), 11 de xaneiro de 2023.- Unha delegación do equipo técnico da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), encabezada pola secretaria xeral, Patricia Vilán, participan desde onte en Torvizcón (Granada) nunhas xornadas de traballo para avaliar o desenvolvemento do proxecto RETTURN e planificar as actuacións do seguinte trimestre.

22 xuño 2023 - Mérida - A FEGAMP participa no encontro de seguimento do proxecto Rede de Experiencias Turísticas baseadas na Tradición Rural RETTURN

  • ​​ O encontro terá lugar os próximos días 22 e 23 de xuño no Hotel Mérida Palace e contará coa participación de representantes das federacións de municipios de Andalucía, Aragón, Canarias, Extremadura, Galicia e a Comunidade Valenciana porán en común os avances nos seus respectivos proxectos

28 abril 2023 - Navia de Suarna - Acto de presentación do proxecto Retturn aos axentes do territorio

RETTURN: Rede de experiencias turísticas baseadas na tradición rural

Programa Experiencias Turismo España 2021 - Proxecto financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU - Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Acto de presentación do proxecto aos axentes do territorio

Casa do concello de Navia de Suarna – Salón de plenos

Navia de Suarna (Lugo) - 28 de abril de 2023, 12:00 horas.

 

10-11 marzo 2023 - Zaragoza - Responsables das federacións de municipios de Galicia, Andalucía, Canarias, Estremadura, Aragón e Valencia reuníronse para impulsar o proxecto RETTURN

Zaragoza, 10 e 11 de marzo de 2023

Seis federacións de municipios impulsan un proxecto europeo para potenciar os atractivos turísticos das zonas rurais con tradicións en perigo polo despoboamento

A rede Retturn está formada por Galicia, Andalucía, Canarias, Extremadura, Aragón e Valencia